Na Coruña Contas

Volver

PUNTOS DE INFORMACIÓN SOBRE HORTAS

CARLOS OTERO CARLOS OTERO  •  24/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 3094

Dado o crecente interese o redor das hortas para diferentes fins, compre atender á xente dunha forma organizada e profesional. A información  que se demanda é variada, e vai dende o procedemento necesario para solicitar unha horta individual, a temas máis específicos relacionados con os diferentes traballos da horta.

A proposta que fago é que persoal con coñecementos acreditados acuda a unha zona diferente da cidade cada día da semana e alí visite os hortos existentes: as dos colexios, as hortas municipais, e mesmo ás hortas autónomas que aínda hay en Monte Alto, Os Castros, Labañou, Castrillón, etc. Deste xeito daríase servizo a todos os tipos de afeccionados á sana práctica da horticultura como xa se fai en outros países. Estes técnicos informarían tamén sobre desperfectos detectados, actividades non permitidas, parcelas abandonadas para que se lle notifique ó titular a súa obriga de traballala ou renunciar a ela, etc. Mesmo poderían recoller a solicitude dos interesados e presentala no concello. A presenza dos técncios poderíase programar e informar con simples carteis nas hortas e nos centros sociais, onde poderían atender tamén en horarios preestablecidos. Penso que so sería necesario un medio de transporte con ferramenta básica e unha tablet ou similar para cada un dos técnicos.

Informe de inviabilidade

A súa proposta foi calificada como inviable por non ser un gasto de investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos