Na Coruña Contas

Volver

Acondicionamento do parque do Ventorrillo.

Bego Bego  •  23/09/2021  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 3068

Propoño a poda das árbores do parque pois algunhas ramas case baten nas fiestras do edificio, non deixan pasar a luz ás vivendas e non se ve o parque dende as ventás. A zona resulta demasiado sombría e ás veces hai bancos que non se poden usar, pois nesas árbores colócanse demasiadas pombas que manchan os bancos de abaixo.

Colocar máis papeleiras na contorna do parque, na actualidade hai dúas, nun lado do parque -peto dos contenedores, de feito...- unha enfronte da outra, farían falta máis (2-4).

Localización: Rúa Monasterio de Caaveiro, 44, bajo, 15010 A Coruña

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • A. Martínez

    Eu prefiro ver árbores grandes que as fiestras do edificio de enfronte. Entendo que as polas non batan nos vidros e que se pode o xusto para garantir a seguridade, pero non que se reduza a masa de verde, que non so da máis privacidade respecto a unha praza pechada totalmente rodeada de edificios altos, senon que estes reducen o ruído, a contaminación, os mosquitos e moscas (ó dar fogar a múltiples paxaros) e que ademais evitan que o espazo sexa unha tixola no verán cando pega moito o sol. Existen zonas onde tomar o sol no bordo onde están os bancos brancos de madeira, que ademais é o espazo mais resgardado do vento.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos