Na Coruña Contas

Volver

Cambio sentido Río Monelos

SergioMP SergioMP  •  23/09/2021  •  Distrito 7  • 

Río Monelos
Río Monelos

Código proposta de investimento: 3060

Propoño unha mellora previa na rúa Río Monelos, antes de executar o futuro proxecto de humanización presentado fai uns días polo concello e na prensa.

Consistiría en cambiar o sentido de circulación na rúa no treito compredido entre Alcalde Marchesi e Avd. Oza, amplian as beirarrúas do cruce, deste modo reduse o espazo do paso de peons e así evitase que aparquen furgonetas e coches e que sexa empregado o paso de peons como unha rotonda. Deste modo, esta rúa ten saída polo outro lado de Río Monelos, por Novoa Santos e por Pastor Diaz, dando maior libertade para os coches dos aparcadoiros da rúa que son moitos. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos