Na Coruña Contas

Volver

1ª FASE SUSTITUCIÓN EUCALIPTOS POR ARBORADO AUTÓCTONO EN SANTA MARGARIDA

A. Martínez A. Martínez  •  22/09/2021  •  Distrito 4  • 

Especies autóctonas
Especies autóctonas

Código proposta de investimento: 2938

Continuar o proceso de eliminación de eucaliptos e outras especies inapropiadas no parque de Santa Margarita por outras especies autóctonas. Para facilitar a realización deste proceso e garantir unha participación máis plural, proponse dividir as áreas de parque en diferentes zonas de actuación, a fin de que a partida sexa dun coste menor á da intervención global e permita a súa realización en diferentes anos. Así pois, no parque de Santa Margarida hai uns 100 pes de Eucalipto. O prezo unitario da tala de cada exemplar pode estar nos 80 euros/ud , e o destoconado supón uns 120 euros/ud. A plantación de novo arborado pode supoñer un coste duns 500 euros/ud. Así mesmo, para levar a cabo esta actuación, é preciso realizar unha adecuación dos 10.000 m2 potencialmente afectados polos eucaliptos, que pode implicar un custe duns 20 euros/m2. Por iso proponse a división da actuación en 4 fases, sendo esta proposta a primeira delas. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE porque, ainda que estivo entre as máis apoiadas do distrito na fase de priorización, o seu orzamento de execución supera o límite asignado ao distrito, e non pode incluirse no grupo de propostas de cidade por ter acadado menos de 90 apoios, límite establecido nesta categoría para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos