Na Coruña Contas

Volver

Creación dunha tarxeta turística que permita coller bus, bicis, etc

bfrr bfrr  •  22/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2915

Actualmente na Coruña existe a Coruña Card, tarxeta que permite o acceso a todos os museos da cidade e algún desconto extra, pero cando vén un turista, amigo á cidade atópase coa problemática de que non pode coller o transporte público, coller bicis de BiciCoruña e varios servizos máis que ofrece o Concello e que axudarían a facilitar a súa mobilidade ademais da eliminación de coches no centro da Coruña.

Sería preciso a creación dunha tarxeta turística que permita unir todos os servizos de mobilidade que ten A Coruña sen deixar de ofrecer todos os descontos e servizos que ofrece xa actualmente. Ademais, sería idóneo que esta tarxeta puidese ser mercada por internet ou en varios puntos da cidade.

Informe de inviabilidade

Ainda que se trata dunha moi boa proposta, ten a calificación de INVIABLE porque a súa posta en marcha non leva aparexado ningún gasto de investimento, un dos requisitos para que as propostas poidan ser aceptadas neste programa.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos