Na Coruña Contas

Resultados da busca

Hai 2 propostas de investimento que conteñen 'árbores'

Plantación de 111 árbores autóctonas entre Monte das Moas - Parque de Eirís

23/06/2016  •  xianaaaaa  •  Toda a cidade

A miña proposta consiste nunha plantación de 111 árbores autóctonas mixtas no entorno do Monte das Moas - Parque de Eirís para ir convertindo a zona no pulmón verde que esta precisa (dándolle continuidade á  plantación de castiñeiros executada recentemente). A Organización Mundial da Saúde estima necesaria a existencia dunha árbore por cada tres persoas. Na Coruña non chegamos nin ao 20% dos que realmente deberiamos ter. O compromiso do Concello coa loita contra o Cambio Climático sitúa esta petición como unha das prioritarias neste senso.

80.000 €

Mellorar o uso recreativo do Parque de Bens

07/06/2016  •  unvecino  •  Toda a cidade

Facer un proxecto de mellora do Parque de Bens que permita potenciar o seu uso. Por exemplo xa que o Parque de Bens é moi visitado polos donos de cans dotalo de bebedeiros para cans, unha zona canina ou un circuito de agility para cans,  ademáis de dotalo doutros usos recreativos como poidesen ser zonas de merendeiros, máis zona arbórea ou un servizo de cafetería, etc.

55.000 €