Na Coruña Contas

Resultados da busca

Hai 1 proposta de investimento que contén 'Consumo'

Creación dunha plataforma de compra online e bicireparto nos Mercados

23/06/2016  •  malditoso  •  Toda a cidade

Proiecto: Rodas e redes (O mercado obicuo).

Deseño e implantación dunha plataforma de compra online para os mercados Municipais incruindo software e hardware necesaio.

Compra de dúas cargobikes eléctricas para cada mercado municipal. *

 

Os mercados e as súas concesionarias necesitan un impulso de renovación que, por unha banda, evite a perda de clientas cara a outras plataformas de venda, e por outro, tentar atraer novas clientas adaptándose as TIC e a novos desafíos.

Esta sociedade precipitase irremediablemente hacia a compra ubicua, e xentes non nativas terán que ser reeducadas para que non se atopen excluidas.

Crémos que a falta de tempo ou o ansia por non desperdiciar o que hai, podería ser un dos factores que inclina a moitas consumidoras e consumidores, cara a grandes superficies ou cadeas de supermercados.

A compra tradicional, nos postos, cos seus tempos e o seu trato personalizado, ten que adaptarse á realidade dos clientes. Ninguén debería de deixar de gozar da frescura e calidade dos produtos dos mercados municipais porque o seu traballo coincida co horario do mercado.

A telefonía móbil é unha ferramenta cotia, e pode ser importante cara á reactivación comercial. Ofende ata comentalo. Que un terminal telefónico permita ter aceso o mercado global debe ser aproveitado. E os mercados da cidade teñen que estar ahí ou desaparecerán como os coñecemos en menos de 20 anos.

Unha páxina web e unha aplicación mobil corporativa.

Entras dende o mobil ou dende sobremesa, elixes mercado, elixes productos, elixes praceira….e compras.

Tes favoritas, podes votar, puntuar e comentar, fas rede, e finalmente, compras.

As cargobike serán os vehículos que acercarán o mercado as clientas.

 

 

* as cargobike pasarian a formar parte do paruqe mobil do concello e poderan ser usadas tanto para envios de mercadorias como para comunicación entre instalacións municipais. O número de cargobikes eléctricas pode variar dependendo do tamaño do mercado ou das concesionarias.  

62.000 €