Na Coruña Contas

Volver

POSTA EN VALOR DA CIDADE VELLA

ANTON67 ANTON67  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2833

Propóñense catro actividades de carácter ambiental e cultural para a mellora dos espazos públicos e a divulgación do patrimonio material e inmaterial da cidade vella, que deberán ser complemento dun plan máis amplo para a súa revitalización integral, sumando a mellora social, económica e medioambiental á revalorización e conservación do patrimonio.

MELLORA DOS ESPAZOS PUBLICOS

1. Rehabilitación de prazas e xardíns da cidade vella, con reposición do axardinamento, reparación do mobiliario urbano, mellora da pavimentación e iluminación, e soterramento de instalacións.

PROMOCIÓN DO PATRIMONIO

2. Mellora da sinalización e información ofrecida dos edificios e espazos singulares mediante aplicación para móbil. Esta pode incluír roteiros culturais que expliquen épocas e fitos relevantes da historia da cidade.

3. Acondicionar un espazo do centro cívico da cidade vella (antigo goberno militar) para usos interxeracionais que fomenten o encontro de nenos e mozos cos maiores, e sirva para organizar un “banco da memoria” no que se recolla a historia do acontecido na cidade a traveso das testemuñas dos maiores, en gravacións e fotos que formen parte dunha plataforma dixital e teñan visibilidade en exposicións na rúa, nos museos e centros cívicos municipais.

4. Establecer unha residencia de artistas na casa de propiedade municipal situada na praza de Santo Domingo nº4, para atraer talento creativo á cidade favorecendo experiencias interdisciplinares, exposicións e talleres na rúa.

A cidade vella é un dos lugares máis descoñecidos polos coruñeses, conta con medidas e planes de protección que ate o de agora non teñen servido para paliar o seu deterioro e a perda do noso patrimonio cultural. Con estas propostas e outras moitas posibles que se escapan dos orzamentos participativos tento chamar a atención sobre a súa necesaria mellora, consciente que dar a coñecer o centro histórico utilizando as súas potencialidades debe sumarse á mellora dos aspectos sociais que afecten á vida cotiá dos seus residentes.

Promocionar o coñecemento da historia da cidade e mellorar aspectos básicos que afectan ao día a día dos veciños, coma a mellora dos espazos públicos, favorecen a relación e cohesión social, pero é preciso acompañalos de melloras nas condicións de habitabilidade, da actividade socio-económica e da participación veciñal para conseguir un carácter integral na revitalización da cidade vella.

Espero que votedes esta proposta e poda contarse cada ano con investimento nos orzamentos municipais para continuar engadindo melloras.

 

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi considerada INVIABLE polo seguinte motivo: "O equipo técnico municipal informa de que existe un orzamento para un plan de mellora de pavimentación, iluminación e soterramento de instalacións nas rúas da Cidade Vella que supera o millón de euros. Todo iso unido á mellora da sinalización, ao acondicionamento do edificio no que se sitúa o Centro Cívico da Cidade Vella e a unha residencia de artistas fai que se considere a proposta inviable por pasar sobradamente o límite do millón de euros deste programa. Queremos agradecer igualmente a túa colaboración no programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coas túas achegas na vindeira edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ANTON67
    ANTON67  •  Autor  •  30/06/2016 11:14:42

    Sería de interese vincular a proposta de PROMOCIÓN DO PATRIMONIO con programas de coñecemento do centro histórico, por exemplo:
    - Roteiros culturais a pé en sábados e domingos para explicar épocas e fitos relevantes da historia da cidade a traveso dos personaxes que viviron nela, visitando as súas casas, escoitando música e literatura da época.
    - Difusión entre nenos e nenas da cidade do noso patrimonio cultural, con visitas escolares, concursos e actividades lúdicas na rúa, en museos, bibliotecas e centros cívicos.
    - Organización de mercadillos temáticos en prazas e rúas, con carácter mensual en fin de semana, peatonalizando o conxunto histórico para ofrecer actividades na rúa.
    - Reconverter a “Feira Medieval” nun evento para a difusión do potencial do centro histórico, con xornadas de cultura e gastronomía medieval, música e teatro en prazas e igrexas, congresos, concertos, presentacións literarias, roteiros históricos e xornadas de portas abertas en edificios singulares.

    Sen respostas
  • ANTON67
    ANTON67  •  Autor  •  30/06/2016 11:05:13

    Sería de interese vincular a proposta de MELLORA DOS ESPAZOS PUBLICOS con servizos municipais que economicen a mellora e mantemento dos espazos públicos e fomenten a sensibilización cidadá, por exemplo:
    - Creación dunha escola taller para mozos e parados de larga duración, vinculada á recuperación dos espazos públicos.
    - Participación veciñal na mellora e mantemento de xardíns, rúas e fachadas, con actividades na rúa e talleres realizados no centro cívico da cidade vella.
    - Participación de nenos e nenas das escolas da cidade vella na plantación e coidado dos xardíns, dando a coñecer a súa historia, as plantas e arborado en colaboración cos xardineiros municipais. Isto podería facerse extensivo a tódalas escolas da cidade.
    - Promover a colaboración na eliminación de pintadas, reparación de prazas, rúas e fachadas daquelas persoas que as estraguen e ensucien.
    - Recuperar a figura do xardineiro municipal que ate os anos 90 coidaba a diario dos xardíns. A súa actividade podería coord

Non hai fitos definidos