Na Coruña Contas

Volver

Camiños escolares

monfero monfero  •  22/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2737

A proposta é implantar na cidade un proxecto na liña dos "camiños escolares" popularizados por F.Tonucci a partir do seu libro/proxecto "A cidade dos nenos" [1].

Na cidade tense feito algunha actuación nesta liña, mais moi limitada, sen ir moito mais alá de indicar na rúa os "camiños seguros" con debuxos dunha rá verde.

O proxecto dos camiños escolares está a implementarse en moitos concellos, con mais ou menos éxito, polo que hai moitos casos para buscar referencias. Un deles é o concello de Pontevedra, onde o proxecto funciona hai anos [2], e de onde tiramos esta descrición:

"O Camiño Escolar é un proxecto de educación viaria integral que ten un eixo condutor: os nenos e as nenas de educación primaria acoden á escola camiñando sen compaña de adultos.

O Camiño Escolar é un proxecto integral porque para o seu funcionamento cómpre a implicación de moitos setores sociais (nenos e nenas, profesorado, pais e nais, asociacións de veciños, comerciantes, servizos municipais, voluntariado, etc) e porque permite convertermos a cidade nunha extraordinaria ferramenta educativa para a transmisión de conceptos e valores (cumprimento das normas, respecto polo medio, atención aos demais, autoresponsabilidade, mellora da condición física...)

En definitiva, o Camiño Escolar é un proxecto para mellorar a educación dos nosos fillos e fillas e construirmos unha cidade máis solidaria, cohesionada e participativa."

[1]  http://www.kalandraka.com/en/colections/collection-name/book-details/ver/a-cidade-dos-nenos/ [2]  http://www.pontevedra.eu/movete/camino-escolar/presentacion

Informe de inviabilidade

Moitas grazas pola súa participación neste programa. A súa proposta parécenos moi interesante e supón un exemplo de pequenos actos que dan grandes servizos. Lamentablemente, non pode entrar neste programa concreto por supoñer un gasto corrente e non de investimento (os requisitos poden consultarse aquí: https://aportaaberta.coruna.es/spending_proposals_info#1). Igualmente pasaremos a súa idea á área correspondente para que se poida levar a cabo por outras canles. Grazas de novo por participar.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos