Na Coruña Contas

Volver

CREACIÓN DUN NOVO CENTRO CÍVICO PARA/EN SANTA MARGARITA

becky becky  •  21/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2715

Realmente, chamar centro cívico a este edificio soa un pouco pretencioso. Eu considero-o un barracón. Cando o construiron na su época non sei se tiña como destino final ser centro cívico, pero deixa bastante que desexar. En unha extensión tan ampla como é a do parque de Santa Margarida o que se construiu é apenas unha habitación. As persoas maiores que acoden a cursos a ese centro pasan frío no inverno pois non dispon de calefacción, o único que se encende é un pequeno radiador. Tamén a situación onde está emplazado non é a mellor pois para chegar a él teñen que atravesar o parque, entren por onde entren, e nos días de vento e chuvia é moi desagradável. Se a isto lle engadimos  que moitas veces no inverno se suspenden as clases por inclemencia, ao final, a xente asiste moi poucas veces realmente.

A proposta sería construir un novo centro cívico, en condicións, para esta zona.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos