Na Coruña Contas

Volver

Mellora das Instalacións Deportivas

AVV Atochas - Monte Alto AVV Atochas - Monte Alto  •  21/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2698

Instalación dunha cuberta na pista deportiva de Durmideiras, recuperación da antiga pista deportiva de San Xosé, mellora da súa contorna e instalación dunha cuberta na mesma. Dotación doutros elementos como, por exemplo, dunha pista de skate no Barrio. Mellorar a accesibilidade ao pavillón deportivo situado na Ronda Monte Alto.

Proposta en nome de: Asociación Veciñal das Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos