Na Coruña Contas

Volver

Desenvolvemento informático

josagon josagon  •  21/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2685

Invertir mil eros en abrir na web do concello un canal de participación cidadá similar ó d’”A Porta Aberta” (A Pota Pechada) pero para o contrario, é decir, para propoñer actuacións nas que o Concello non debera invertir nin un céntimo, como por exemplo: destruir niños de pega (urraca) e de rula (tórtola)  que son aves protexidas, diante do colexio “Calvo Sotelo” da Diputación,  pensando que eran de pombas, chegando incluso a  corta-las ramas que sostiñan os niños para que non volvan a aniñar no sitio. Pola contra sí invertir 0,05 céntimos na entrega dunha orden prohibitiva e intimidatoria, a un veciño do lugar, para que deixe de botarlles tódolos días, dende hai moitos anos, comida ás pombas, facendo que a zona se convertese en zona invasiva de gaivotas e pombas que cagan polos coches, polas casas e pola xente e que o Concello torpemente trata de evitar destruindo niños de pegas.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos