Na Coruña Contas

Volver

Adquisición dunha parcela colindante ao Parque de Oza

luis2castros luis2castros  •  20/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2669

A proposta vai orientada a desenrolar un novo deseño de corredor verde urbán que una o Parque de S. Diego e o Parque de Oza a traverso da Ronda de Outeiro (xa arbolada) dun xeito máis fluido e accesible. Dita proposta pódese levar a cabo coa adquisición dunha parcela, colindante ao Parque de Oza na zona máis ao Norte do mesmo, situada á beira da Ronda de Outeiro esquina prolongación da rúa Carballo (ver doc. adxunta). A parcela atópase calificada como Equipamento no actual PGOM.

O actual corredor urbán de acceso diseñouse a traverso da R/ Montes e cara unha cota superior do Parque de Oza que limita e dificulta a súa utilización peonil. A proposta vai orientada a millorala súa permeabilidade e accesibilidade dende as Rúas Merced, J. Montes, R. de Outeiro e A Gaiteira.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos