Na Coruña Contas

Volver

Servizo de atención tranversal a homes en proceso de separación e divorcio.

abcarlos abcarlos  •  16/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2568

Servizo integral e tranversal: saúde, laboral e legal, atención aos menores implicados.

Toca actualizar os conflitos do presente e darlle naturalidade. Un Concello responsable e atento ás novas realidades en asuntos de familia ten como obriga dar atención á  xente. E urxente crear un servizo que garanta a liberdade-igualdade-fraternidade de ámbolos membros da parella  Toca, xa que logo, crear unha oficina con expertos e expertas ( paritario) que orienten aos homes implicados nun momento de deriva existencial. Tocará atender ás vítimas deste natural desencontro: os menores. haberá que establecer un protocolo para facer un seguimento dos menores alomenos durante os dous primeiros anos de divorcio para garantir as súas necesidades: económicas e afectivas.

Nota: Interpreto que as mulleres xa teñen esta atención. De non tela, antes que logo, haberá que creala.

Un bó divorcio, interesa, sobre todo aos menores; moito a cada un dos que xa non serán parella.

 

 

 

 

 

Informe de inviabilidade

Trátase dun programa que entra dentro das competencias municipais pero non é viable por non ter a calificación de investimento. Porén, e dado o seu interese, darase traslado da proposta á Concellaría de Igualdade e Diversidade.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos