Na Coruña Contas

Volver

Centro de día público para maiores no barrio da Agra do Orzán

ricardo.seixo ricardo.seixo  •  13/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2510

Proposta que fago en nome da Asoc. Veciñal "AGRA", segundo o acordo adoptado en Asemblea Xeral o pasado 9 de xuño.

Estamos a nos situar no barrio máis populoso da cidade e no que predomina unha poboación de máis de 60 anos.

A realidade á que nos vai levando a sociedade actual debúxanos unha paisaxe na que un número importante de persoas maiores viven soas.Os avós xa non teñen sitio na casa dos fillos nin cando teñen dificultades para valérense por si mesmos.Xa case é algo normal que os nosos maiores morran sós e sexan os bombeiros, previa chamada dos veciños, os que teñan que dar aviso ao xuíz de garda para proceder ao levantamento do cadáver.

Cómpre establecer os medios necesarios para que os nosos maiores poidan, como mínimo, morrer con dignidade. Que caste de sociedade somos se a atención aos maiores non nos mobiliza? 

Proposta en nome de: Asociación Veciñal "AGRA"

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a proposta foi declarada INVIABLE ao tratarse dun investimento con un custo superior a 1.000.000 de euros. Ademáis disto, infórmase de que na actualidade xa existen 4 centros de día na zona da Agra do Orzán, un deles municipal (Centro Boandanza), outro dependente de Cáritas Diocesana (Centro de Día Sagrada Familia), e outros dous de carácter privado (Centros de Día Hera e Caramiña). Agradecemos a túa achega neste programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coa túa colaboración na vindeira edición o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos