Na Coruña Contas

Volver

Convocatoria de concurso público para embelecemento de medinareiras

A. Martínez A. Martínez  •  13/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2503

Convocatoria dun concurso público para artistas gráficos e colaboracións con escolas de arte locais para a intervención en medianeiras da cidade e o seu embelecemento. A inversión iría destinada aos custos materiais, de intervención (andamios, elevadores) e unha pequena parte a premios aos artistas elixidos (para fomentar a participación en dito concurso). 

 

Ditas intervencións poden facer referencia a episodios históricos da cidade, imaxinería, paisaxes, festas populares... que realcen o caracter propio da cidade. Esta é unha corrente seguida por multitude de cidades europeas que converten antigos muros cegos en auténticas postais artísticas.

 

Adxúntase unha ligazón a unha posible medianeira da zona histórica que faría gañar moito a unha rúa tan concorrida por coruñeses e turistas.

 

Informe de inviabilidade

Agradecemos moito a súa proposta e nos parece moi interesante, pero a convocatoria dun concurso non é un investimento, senón un gasto corrente. Para ver os requisitos dun investimento pode consultar esta ligazón: https://aportaaberta.coruna.es/spending_proposals_info#1 Ademais, no exemplo que nos achega, os edificios non son de titularidade municipal e suporía actuar sobre a propiedade privada. En calquera caso, remitimos a súa proposta á área correspondente para que poidan valorar a idea. Grazas de novo pola súa participación.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos