Na Coruña Contas

Volver

Bicicoruña. Inclusión de bicicletas para nenos

magarees magarees  •  12/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2496

Os sistemas públicos de arrendamento de bicis son unha boa mostra de que os nenos son cidadáns de segunda para as administracións. A exclusión dos menores de este sistema supón ademáis un veto para o uso por parte dos adultos que adoitamos a movernos pola cidade en compañía dun neno. Ao poñer bicicletas para os nenos no sistema municipal de arrendamento fomentaremos o  uso familiar de este medio de transporte, darémoslles maior autonomía á hora de moverse pola cidade. Contribuiremos a crear unha xeración de usuarios dun medio de transporte limpo e saudable. Coidamos tamén que esta proposta non precisaría de todo o orzamento e sería compatible con outras propostas que están a facerse sobre Bicicoruña. Sería unha boa medida abrir un foro nos comentarios para consensuar unha proposta máis ampla que contaría con mais apoios.

 

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a túa proposta foi considerada INVIABLE en base ao seguinte informe técnico: "Non existen actualmente no mercado bases de alugueiro infantís polo que a proposta actualmente é inviable. Sen embargo, e debido á boa acollida do servizo BiciCoruña, desde o Concello sempre se está procurando a posibilidade de mellorar e ampliar o sistema para potenciar o seu uso ampliándoo. Neste momento esíxese unha idade mínima, debido a temas burocráticos e de seguros, para poder alugar as bicicletas. Inda que están a estudarse as opcións para poder abrir vías para asegurar aos nosos menores de cara a implementación futura deste servizo. Esta ampliación de idade no servizo, que implicaría a posibilidade de alugar bicicletas de diferentes tamaños, suporía ben a creación de novas bases con diferentes alturas para albergar as bicis ou a adaptación das 22 bases existentes. A adaptación das bases para cambiar os puntos de enganche das bicicletas pódese considerar máis como unha reparación que como un investimento . Ademais, respecto á posibilidade de meter novas bases exclusivamente infantís, se nos traslada que non existen actualmente no mercado bases de alugueiro deste estilo. Con todo, agradecemos a túa achega ao programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coas túas propostas novamente na seguinte edición do ano que ven.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos