Na Coruña Contas

Volver

Recuperación do carril-bus

gabi_g gabi_g  •  11/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2486

As dificultades para a mobilidade na cidade e un problema principal da mesma que afecta a todos os veciños e empeora a calidad de vida de cada un de nos en todo-los barrios da cidade sen excepcion.E dificil  explicarlle a alguen que veña dunha gran urbe europea (con moito mais densidade de trafico que A Coruña) que aqui se decidise eliminar o carril preferente para transporte publico  e que teñamos  un volumen de retencions de trafico, atascos tan  importante para o tamaño ( pequeno) desta cidade, o que non podemos olvidar  que tamen contribue os aparcamentos inapropiados  en dobre fila, esquinas, o caron de pasos de cebra.. e un longo etc.

Proposta:

Recuperar o carril-bus/taxi nas ruas principais da cidade.  

Penso que ademais se poderia  aproveitar para facer un carril - bici  que discurrise paralelo o carril-bus  e que permitise o desprazamento pola cidade  dun xeito seguro, real e operativo en dias laborables

Limitacións e beneficios:

A principal limitacion a esta proposta é a  posible perda de prazas de aparcamento en ruas determinadas da cidade. Ese inconvinte afecta a un numero muy limitado de veciños frente o beneficio de ter un sistema publico de transporte moito mas rapido e eficiente  para todos que primase o transporte publico frente o privado.

 

Informe de inviabilidade

Esta proposta foi considerada INVIABLE polo noso equipo técnico, en base ao seguinte informe: Desde o Concello se está a traballar no desenvolvemento dunha rede de autobuses urbanos que de maneira eficiente mellore as frecuencias e a velocidade comercial das liñas. Para iso preténdese potenciar os transbordos e facilitar a conexión entre os distintos barrios da cidade racionalizando tanto o acceso como a localización das paradas. O desenvolvemento desta rede non pode considerarse completo se, en primeira instancia, non se acomete unha reforma e unha xerarquización viaria mediante as cales se recupere o carril bus nos eixos principais que constitúen o futuro sistema de transporte urbano. Por tanto, esta proposta é compatible co futuro desenvolvemento da rede de transporte urbano, aínda que, a recuperación do carril bus preexistente é inviable debido ás obras de urbanización da rúa Federico Tapia. Con todo, a implantación do carril bus nos eixos principais, supón que en moitos deles haxa que facer actuacións como o rebaixe do asfaltado ou o recrecido das beirarrúas, debido a que estas vías se asfaltaron en moitas ocasións, polo que hai infraestruturas que é necesario mover ou acondicionar. Por tanto, ao orzamento da implantación do carril bus (uns 400.000 €/km) habería que sumarlle a modificación destas infraestruturas, o que supón que a proposta supera o orzamento de 1.000.000 €. Grazas pola túa colaboración no programa de Orzamentos Participativos e esperamos que volvas participar o vindeiro ano, na seguinte edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • fernando-pi

    Concordo ca proposta. Penso que a limitación que sinala na proposta non debe ser tal, a cidade non debe ser zona de aparcadoiro, senón das persoas . Con unha boa rede de transporte público, eficiente; rápido; barato; non contaminante (isto si que se debe revisar, debe iniciarse con urxencia reconverter os buses en NON contaminantes); etc., permitiría que moitos vehículos deixasen de acceder á cidade. Adiante con iso.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos