Na Coruña Contas

Volver

Carril bus por Juan Flórez y otras vías céntricas

currotizon@gmail.com currotizon@gmail.com  •  10/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2458

Con prioridad de paso en los semáforos y plataforma reservada. Mejores frecuencias de paso

Informe de inviabilidade

Esta proposta foi declarada INVIABLE en base ao seguinte informe técnico: "Desde o Concello está a traballarse no desenvolvemento dunha rede de autobuses urbanos que de maneira eficiente mellore as frecuencias e a velocidade comercial das lineas. Para iso preténdese potenciar os transbordos e facilitar a conexión entre os distintos barrios da cidade racionalizando tanto o acceso como a localización das paradas. O desenvolvemento desta rede non pode considerarse completo se, en primeira instancia, non se acomete unha reforma e unha xerarquización viaria mediante as cales se recupere o carril bus nos eixos principais que constitúen o futuro sistema de transporte urbano. Por tanto, esta proposta é compatible co futuro desenvolvemento da rede de transporte urbano. Con todo, a implantación do carril bus nos eixos principais supón que en moitos deles haxa que facer actuacións como de rebaixe de asfaltado ou recrecido de beirarrúas, debido a que estas vías asfaltáronse en moitas ocasións, polo que hai infraestruturas que é necesario mover ou acondicionar. Por tanto, ao orzamento de implantación do carril bus (uns 400.000 euros/km) habería que sumarlle a modificación destas infraestruturas, o que supón que a proposta supera o orzamento de 1.000.000 euros. Con todo, agradecemos a túa achega no programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coas túas propostas na seguinte edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • fernando-pi

    É evidente a necesidade de implantar o carril bus/taxi/bici nesta rúa. O que non ten explicación lóxica, a estas alturas, é que sexa consentida, con demasiada benevolencia, a dobre fila de estacionamento nesta vía. Estamos fartos de aquel@s individu@s dos "dos minutos" que fastidian a milleiros de persoas. É urxente que, mentres non se impoña o carril bus, se situe unha parella da garda urbana nesa vía que impida as paradas dos gilipollas de sempre.

    Sen respostas
  • mayeuticon

    Poner el carril bus en Juan Flórez y San Andrés facilita el tránsito del bus en esa área , pero la gente no coge el bus porque tarda demasiado. Los trayectos son demasiado largos y complicados, llenos de semáforos. Las paradas son pequeñas y están mal situadas, la mayoría de ellas no están habilitadas para que estacione más de un bus.
    En Juán Florez se podrían establecer dos viales de doble sentido, uno para transporte público y otro para el resto de vehículos. Restringir el acceso por determinadas vías a un tipo de transporte para ganar fluidez y acompañarlo de una optimización del servicio en general, focalizando las necesidades de cada zona de la ciudad.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos