Na Coruña Contas

Volver

Eliminar a mediana da rúa Curros Enríquez e mellorar a mobilidade

slamelov slamelov  •  10/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2452

Na Rúa Curros Enríquez entre o hotel María Pita e a Cruz Vermella, hai unha mediana que non ten moita utilidade e dificulta o paso. Eliminala permitiría ter máis espazo e así mellorar a mobilidade da zona, importante tendo en conta que está pegada a un colexio. Ademáis, habería que engadir un paso de peóns á metade da rúam coincidindo coa porta de entrada ao colexio e poñelos todos elevados, para "pacificar" a zona. O semáforo que está preto da rotonda dos surfistas, ponse en ámbar para os coches que veñen do paseo marítimo cando está en verde o de peóns, o cal provoca situacións de perigo. Sería máis aconsellable eliminar o semáforo, senalizar ben o paso de peóns, elevalo, facelo máis ancho e facer que toda a rúa sexa zona 20 con preferencia peonil.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • javi

    Estoy de acuerdo, esa mediana no da más que problemas a la gente que aparca en batería, quizá seria interesante un pequeño bordillo de unos 20cm biselado a ambos lados y pintado o con reflectantes, el paso de cebra...pues no sé hasta que punto es necesario, quizá un poco peligroso justo delante de la puerta del colegio por si sale algun niño lanzado, en cualquier caso no sería mala idea poner un semáforo que funcione en consonancia con el de la glorieta (en sentido bajada). No apoyo el aumento del ancho del paso de cebra (habitualmente ya son anchos de más en ciertas zonas) ni la instalación de este elevado, salvo que de una vez por todas el concello se tome la molestia de construirlos conforme la legalidad vigente. El problema en ese cruce en sentido subida, creo que se solucionaría con un semáforo para vehículos más visible ya que si no recuerdo mal el semáforo de la derecha coincide casi en ángulo muerto y el de la izquierda (mediana) está "mirando para Cuenca"

    Sen respostas
Non hai fitos definidos