Na Coruña Contas

Volver

Facilitar visitas ao Castelo-Museo de San Antón

rosabranas rosabranas  •  09/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2430

O Castelo de San Antón recibe ao ano miles de visitas, tanto de grupos escolares como de público xeral procedente do exterior, que adoitan chegar en grandes autobuses e non teñen onde aparcar. A diferenza dunha outra proposta que defende a demolición do corredor de acceso ao Castelo, eu penso que sería máis viable acondicionalo, e dende logo máis útil para a vida do Museo. Podería facerse un paseo con árbores baixas, eliminar a área de aparcamento libre que hai agora e reservar os espazos de aparcamento para o persoal do museo, carga e descarga e un par de prazas para autobuses que poidan deixar aos pequen@s diante das portas do Museo. E un posto de bicis de bicicoruna preto, tampouco non sobraba.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos