Na Coruña Contas

Volver

Crear unha pasarela peonil e de bicicletas entre As Xubias e Santa Cristina

slamelov slamelov  •  07/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2345

Entre a zona onde está a Conxeladora Coruñesa, Xubias, e Santa Cristina, facer unha pasarela de madeira pola que poidan ir peóns e bicicletas, facilitando o acceso entre dúas zonas moi poboadas. Esa pasarela de madeira, de baixo impacto visual, podería conectar cun carril bici que fora da Coruña a O Burgo. Outra vantaxe sería que desde Perillo e Santa Cristina sería moi doado acceder camiñando, ou en bici, ao Chuac ou o Materno.

Informe de inviabilidade

Agradecémoslle a súa proposta, pero non pode considerarse como viable porque a competencia estaría repartida entre o noso Concello e outras administracións públicas, non sendo, por tanto, de competencia enteramente municipal. Comoquera que parécenos unha proposta moi interesante, e ainda que non pode incluirse no programa para os orzamentos participativos neste momento, valoramos a posibilidade de proceder ao seu estudo xunto co resto das administraciones afectadas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • slamelov
    slamelov  •  Autor  •  14/06/2016 16:47:17

    Entendo o informe de inviabilidade, supoño que haberá que contar coa autorización de Fomento e, no caso de que a pasarela non fora ata a parte de Santa Cristina que é do Concello da Coruña, tamen coa colaboración do Concello de Oleiros. En todo caso, coido que é unha medida que axudaría a mellorar a mobilidade, especialmente no verán, agradezo que a valoren para o seu estudo.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos