Hai 7 propostas de investimento clasificadas como 'zona verde' en todos os ámbitos

Vexetación na Avenida do Ferrocarril
2 comentarios • 10/05/2019 •
Incorporar vexetación na Avenida do Ferrocarril a altura de Vallehermoso, onde hai moito espazo na beirarrúa ademáis de en rúas próximas cómo Dr.Joaquín Cotarelo e Avenida de Cadiz (moi duras a pesar de estar no arredor dun parque).
Gran Bosque A Coruña ( por fases)
3 comentarios • 12/05/2019 •
Crear o grande bosque da cidade no entorno do castro de elviña por fases para facilitar o seu nacemento.
Sería unha mellora da contorna do castro e convertiriase nun centro de visitas para a nosa cidade.

Área recreativa nos arredores do centro cívico de Feáns
Sen comentarios • 14/05/2019 •
Os veciños e veciñas de Feáns tras reunión específica decidiron elevar esta proposta como unha proposta de interese xeral. Neste sentido, destácase que esta zona carece de áreas recreativas, fontes de auga potable e bancos para sentarse as persoas maiores. Así, unha área recreativa nas proximidades do centro cívico de Feáns axudaría a crear comunidade e aumentar o benestar dos veciños e veciñas de todas as idades.
Por outra parte, sería unha proposta de interese para todo o distrito, xa que está prevista a senda fluvial ao largo do río Monelos polo que se podería enlazar con esta zona.

Asociación de veciños Xunqueiras (Mesoiro-Vío) propón creación parque Infanitil
Sen comentarios • 19/05/2019 •
La Asociación de veciños Xunqueiras solicita la construcción de un parque infantil en la C/ Huerto (Mesoiro). Creemos necesario un nuevo parque infantil adaptado a la realidad del barrio. Es un barrio con una población infantil en crecimiento, con niños entre los 0 y 12 años. y carecemos de parques adaptados a todas las edades.Además, para que los niños disfruten en el parque es necesario desplazarse a otros barrios. Por tanto, para que todos los niños puedan disfrutar en el barrio proponemos la creación de un nuevo parque infantil que sea grande y con columpios adaptados a todas las edades.

HUMANIZACIÓN ZONA AXARDINADA DAS CASAS DE FRANCO NA RONDA DE OUTEIRO
3 comentarios • 25/04/2019 •
O espazo axardinado situado entre as casas de Franco e a Ronda de Outeiro atópase infrautilizado. A proposta implica a actuación no mesmo seguindo un esquema similar ó empregado na reforma do Paseo de Sant Joan de Barcelona. Respectaríase o arborado actual, de gran porte, que supón unha barreira acústica e visual entre o tráfico e as vivendas, pero eliminaríanse os parterres cercados actuais. Crearíanse zonas de estancia con mobiliario urbano, permitindo un maior uso e desfrute do espazo, plantaríanse zonas de arbustivas e un pavimento intercalado que permita o crecemento de vexetación e incrementaría a segregación respecto ó tráfico.

Crear zonas verdes no parque proposto entre as ruas Oslo e Oporto
Sen comentarios • 30/04/2019 •
Acondicionamiento dos arredores do parque proposto entre as ruas Oporto e Oslo nos presupostos participativos do ano pasado. Proponse acondicionar zona verde con árboles e mesas, fonte de Auga potable e acondicionamiento da canle de Auga que Baixa de de a parte alta da Rúa Oporto.

ARRANXO DO LABIRINTO DE SAN PEDRO
3 comentarios • 25/04/2019 •
O labirinto vexetal do Monte de San Pedro atópase nun estado lamentable. Os percorridos orixinais foron alterados, os arbustos secaron en partes do percorrido e incluso o pavimento presenta fochancas e desperfectos que dan moi mala imaxe da instalación. Proponse a replantación de zonas danadas, así como a implantación de barreiras que impidan danos na vexetación polo paso por zonas non habilitadas, así como arranxo das fochancas.