A Porta Aberta

Volver

Orzamentos participativos

Propostas de todos os ámbitos (toda a cidade e todos os distritos)

Hai 1 proposta de investimento clasificada como 'servizos' en todos os ámbitos

Foto do presidente da asociación veciñal Os Anxos que promove este iniciativa
Distrito 3

A directiva da A.VV. de Os Anxos promove a creación dun comedor social no barrio

  Sen comentarios  •  16/05/2019  •  moncho1956

A asociación de veciños dos Anxos propón a creación dun comedor social para as persoas que o precisen e que residen neste distrito, localizado no lugar Avenida de Glasgow nº5 (Punto de Encontro).

Será un sitio de encontro, onde se promoverá o almorzo, a comida e a cea. Dito comedor tamén servirá para a xeración de emprego, dando a posibilidade de que todas as persoas podan comer a diario cun prezo asequible para a clase traballadora.

Solicitamos que apoies esta proposta que beneficia a todos e todas, e especialmente a residentes do noso distrito que precisan que haxa un comedor digno na nosa zona, o que xerará mellor convivencia e cohesión social.

Para calquera dúbida para poder apoiar e votar esta proposta podedes poñervos en contacto co presidente da asociación a través do seguinte número de teléfono: 639.61.35.16 (Moncho). Chámame se tes algunha dúbida. Necesitamos o teu apoio.