A Porta Aberta

Volver

Orzamentos participativos

Propostas de todos os ámbitos (toda a cidade e todos os distritos)

Mostrando 1 - 10 dun total de 24 propostas de investimento clasificadas como 'iluminación pública' en todos os ámbitos

Distrito 10

MELLORA DAS BEIRARUAS, FIRME E CONTORNA DA PRAZA DE SAN AGUSTIN

  Sen comentarios  •  03/05/2019  •  jadv

Bos dias,

penso que sería bo, non só para os residentes senón para a cidadanía de fóra e propia que nos visista, manter un lugar tan sinalado como o mercado de San Agustín e a súa contorna nas mellores condiciones de conservación e limpeza. De ahí que propoña unha renovación do firme na rúa Pío XII, renovación de beirarúas así como eliminación de pintadas que afean a contorna. Tamén unha iluminación axeitada que poña en valor o edificio do mercado e melloras na limpeza viaria, con contenedores soterrados.

avd noite
Distrito 4

Mellora do alumbrado da Avenida Novo Mesoiro

  Sen comentarios  •  17/05/2019  •  viladacosta

O tipo de alumbrado público instalado na mediana ofrece unha luz ténue e insuficiente.

A maiores, o tipo de árboreda e a sua proximidade as farolas, fai que cando estas estan no seu momento mais activo, as polas e follas tapan a luz que emiten as farolas.

Sería preciso facer modificación do tipo de alumbrado ademáis de unha poda mais esricta. 

Distrito 6

Reformar e humanizar a carreteira dende o Campo da Pena ata o Hospital Quirón

  Sen comentarios  •  20/05/2019  •  manuelgomez

Proponse a humanización con aceiras, alumeado, pavimentado e canalizacion augas na estrada dende o Campo da Pena ata o Hospital Quirón

Toda a cidade

Dotar de servizos mínimos as zonas ruráis da cidade

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  monicaeiris

O Foxo, Eirís de Arriba, Eirís de Abaixo, Curramontes, O Castaño, Pedralonga, Pedro Fernández, Palavea, Monte do Mero, Elviña, A Silva, A Moura, Marzán, Cances, A Fontaíña, Loureiro de Visla, San Cristovo, Penamoa, Martinete, As Revoltas...

Na cidade hai zonas ruráis habitadas, moitas paralizadas hai anos polos plans urbanísticos, nas que os sucesivos gobernos municipáis decidiron non invertir xa que, nalgún momento, as excavadoras se farían cargo de todo. 

Poñer en valor a Coruña máis rural é mellorar a calidade de vida das persoas que as habitamos, que temos os mesmos dereitos que o resto da cidade. 

Solicitamos que, como mínimo, se doten estas zonas de alguns bancos, se eliminen os puntos que carecen de alcantarillado, e se garantan puntos de luz no acceso ás vivendas. Alumeado en condicións, bancos, papeleiras, beirarrúas, alcantarillado,transporte público en condicións...

 

Farolas vintage
Distrito 6

Reposición e renovación do alumeado en todo o barrio de Eirís

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  monicaeiris

A maior parte do alumeado que temos no barrio de Eirís ten xa tantos anos que xa é "vintage".  

Despóis de case 30 anos en moitos casos, xa é hora de poñer outro tipo de farolas, do mesmo xeito que se fixo no resto da cidade. 

Tanto a estrada de Eirís como a propia Canteira de Eirís necesitan renovalas.

Xeran contaminación luminosa e non alumean apenas. 

E na Lamadosa, no entorno do campo de fútbol é necesario repoñer as farolas que se retiraron hai anos para amañar a pista e nunca máis se viron. Non hai beirarúas, co que con máis motivo a xente quere saber onde pisa cando pasa camiño da casa, e quere poder pasar sen medo a caer!!

 

Luz_Valaire.jpg
Distrito 5

Aumento iluminación traxecto peonil dende R/ Oporto ata parada bus Avda, N. York

  Sen comentarios  •  26/04/2019  •  connorlarkin

Instalación de puntos de luz ata a parada de bus da Avda. Nova York (Valaire, O Carón). O traxecto non ten iluminación suficiente polas mañás cedo ou polas noites e é un camiño polo que transitan os veciños ata a parada de bus. 

Estrelas
Distrito 5

Ver as estrelas na Zapateira

  Sen comentarios  •  30/04/2019  •  María

Sustituir as farolas da urbanización Valaire e arredores por outras que reduzan a contamimacion luminica e que permitan ver as estrelas.

Distrito 3

Iluminación calle derechos humanos

  1 comentario  •  29/04/2019  •  borja.hermo

Actualmente no hay iluminación en la calle derechos humanos, Actualmente hay farolas, pero no funcionan. Propongo que estas farolas puedan usarse o sustituirlas por unas nuevas.

Parada aparcamento disuasorio de Lonzas
Toda a cidade

Reforzo do parking disuasorio de Lonzas

  Sen comentarios  •  01/05/2019  •  diego_sandado

O parking disuasorio necesita ter unha marquesina de boa dimensión que acolla o futuro transito de persoas, indicadores de frecuencias, mapa de rutas, iluminación adecuada e por suposto lineas directas e outras con maiores frecuencias. Sen estas melloras o parkins seguirá a funcionar como aparcodoiro de barrio estando continuamente infrautilizado.

BW.png
Distrito 3

Mellora da rúa Blanco White

  Sen comentarios  •  06/05/2019  •  diego_sandado

Actualmente a rúa blanco white está mal pavimentada, mal iluminada e chea de espacios residuais. Sería interesante:

- Repavimentala no seu tramo inicial.

-Mellorar os rincóns residuias que posue (medianeiras, tres filas de bolardos situados en diferentes épocas, desniveis, ausencia de vexetación ou moviliario urbán...)

-Igualar as beirarúas no segundo tramo. Están desniveladas de antiguas e actuais saidas e aparcamento e ó lado que se dirixe á ponte posúe unha dimensión demasiado escasa.