A Porta Aberta

Volver

Orzamentos participativos

Propostas de todos os ámbitos (toda a cidade e todos os distritos)

Mostrando 1 - 10 dun total de 18 propostas de investimento clasificadas como 'Cultura' en todos os ámbitos

30diasenbici_d24.jpg
Distrito 9

Restauración do mural de Xaime Quessada na Praza de Torrente Ballester

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  monfero

Na Praza Torrente Ballester temos a sorte de disfrutar de varias obras do artista Xaime Quessada, se ben para moitas persoas pasan desapercibidas. Por que?.

Na praza hai un mural que se foi deteriorando co paso dos anos sen ningún tipo de mantemento. Foi perdendo cor e a pintura non se pode apreciar con claridade.

Por outro lado, tampouco hai cartelería visible que nos indique información sobre os autores e obras que están na praza e mesmo unha busca en internet non ofrece apenas resultados relacionados con estas obras.

Propoñemos unha posta en valor da obra artística da praza Torrente Ballester mellorando a información dispoñible e realizando as tarefas de restauración que sexan necesarias.

 

Baile
Distrito 4

Adquisición de un local para uso de Asociacións culturais (Baile e pandeireta)

  Sen comentarios  •  17/05/2019  •  viladacosta

En novo Mesoiro existe unha gran cantidade de locais ou baixos baleiros.

O mesmo tempo, as asociacións culturais ou deportivas, atopamos dificultade para poder ofertar un servicio a veciñanza o non poder impartir clases ou actividades relacionadas coa Asociación.

É por iso que solicitamos a adquisición de un local destinado a uso preferente de Asociacións culturais e deportivas, sen ánimo de lucro.

A asociación que represento, ten como fin, impartir clase de baile tradicional e pandeireta, tanto a nenos e nenas como a adultos apostando pola cultura tradicional nun barrio onde carecemos de esta opción que de seguro, dispón de adeptos

 

Toda a cidade

Espacios MAKER en las bibliotecas municipales

  Sen comentarios  •  20/05/2019  •  vecina

Dotar a las bibliotecas municipales (en aquellas que haya espacio suficiente) de espacios MAKER con mesas, sillas, colchonetas en el suelo, dispositivos electrónicos, herramientas variadas, impresora, escáner, microprocesadores, una máquina de coser, materiales de construcción, cartones, maderas de pequeño tamaño, etc. 

Se trata de crear espacios flexibles en los que los niños puedan crear, inventar, individualmente o de manera colectiva.

Estos espacios, por sus propias características tendrían que estar insonorizados al estar dentro de una biblioteca.

Domus
Toda a cidade

MELLORA MUSEALIZACIÓN DOMUS

  Sen comentarios  •  25/04/2019  •  A. Martínez

Algúns dos módulos deste museo científico da cidade continúan invariables dende a súa inauguración e nun estado de deterioro evidente. Proponse a renovación de parte dos mesmos para a posta en valor do museo, nunha rede de museos municipais que supuxo un referente a nivel estatal.

circuitos-agua-parques-infantiles-7.jpg
Distrito 4

Reforma do parque grande ( Tirolina ) de Novo Mesoiro

  1 comentario  •  17/05/2019  •  viladacosta

Instalación de maior oferta de xogos e gincanas, coma poden ser muros de escalada, monticulos con tobogans, pasos de madeira, un areeiro, unha poza ou circuito de auga,... Material efímero coma o desarrollo da xuventude. Que se esparzan polo parque aproveitando o tamaño de este e que o mesmo tempo non impida a realización da romería ou outro acto-festa. Actualmente os xogos encontranse nun reducido espacio, concentrandose toda a actividade alí e deixando inútil o aproveitamento do parque. Así mesmo deberíase "humanizar" buscando o ocio non só de menores, se non do total dos veciños, ( Persoas de 0 a 100 anos) Bancos con mesas para charlar e comer, xadrez, ping pong, un sitio no que pais e avós non estemos de observadores se non de participantes e se convirta no lugar de encontro de toda a veciñanza.

Toda a cidade

Creación dunha "Escola Multicultural de Teatro do Concello da Coruña"

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  3eni

Nunha xuntanza de usuarios de Ecos unha moza di que xa foi a 3 grupos de teatro, a actividades gratuitas pero cando xurde unha cuota, como cobra a RISGA, non lle da. Unha persoa en Exclusión Social que non pode facer unha actividade é unha persoa aillada. Nunha cidade participativa e integradora iso non pode ser.

Nunha cidade de cine coma Coruña, unha cidade de película, uns usuarios de Ecos Do Sur consideramos precisa a creación dunha escola pública e municipal no concello da Coruña, que sexa un lugar lúdico, de conciliación e encontro das persoas coas persoas. Nunha cidade na que ninguén é forasteiro hai unha gran afluencia de migrantes que teñen moito que compartir. Se algo define ao teatro é a súa multiculturalidade.

Queremos unha escola do Concello e para o concello e a súa cidadanía.

 

Para unha descripción máis completa no deixen de mirar o documento seguinte;

https://t.co/MiExbglOyf

Coches_Antiguos.jpg
Toda a cidade

MUSEO AUTOMOCIÓN E HISTORIA

  3 comentarios  •  05/05/2019  •  jbenito_54

Se trata de retomar la construcción de este nuevo museo para gestionar la magnífica colección de  más de 350 vehículos antiguos, antigüedades y piezas históricas q posee la Fundación Jorge Jove, una de las mas importantes de Europa.

Según el proyecto museístico propuesto, de marcado carácter pedagógico, se articula en torno a múltiples componentes no solo de carácter expositivo, sino tambien de alcance cultural, formativo, social y educativo. Su objeto sería mostrar la historia de la automoción y la historia del siglo XX a través de sus grandes hitos históricos, culturales, económicos, tecnológicos y sociales.

Sería tremendamente beneficioso para la ciudad. Un museo más en la red de los museos científicos coruñeses.

Fundación Luis Seoane
Toda a cidade

REHABILITACIÓN DA FACHADA DA FUNDACIÓN LUIS SEOANE

  3 comentarios  •  25/04/2019  •  A. Martínez

Actualmente a fachada da Fundación Luis Seoane mostra un aspecto lamentable, ennegrecida polo tempo e chea de pintadas. Proponse a rehabilitación da mesma mediante o pintado das suas superficies e a limpeza das partes de pedra do seu zócolo.

 

Ademais, pódese colocar un gran soporte con mostras das obras de Luis Seoane para que o museo gañe visibilidade. 

 

 

Aberracións hai así por toda a cidade.
Toda a cidade

Normalización das placas de rúas

  Sen comentarios  •  09/05/2019  •  Iván Seoane

Hai que facer unha revisión de tódolos nomes das rúas da cidade e facer un inventario das que están castelanizadas e volvelas pór na nosa lingua.

É unha iniciativa que fixo o Ajuntament de València, normalizando tódolos nomes á súa lingua.

Eiquí temos que facer o propio e galeguizar tódolos nomes xa. E non falemos dos carteis de información dos coches pra indicar puntos importantes da cidade coma a "Casa das Ciencias", a información é pésima e desactualizada.

 Exemplos de placas de Budapest, Venecia, París, Bilbao, Santiago e Londres
Toda a cidade

Placas de de rúa únicas e en tódolos recunchos

  3 comentarios  •  25/04/2019  •  smlebo

As placas de rúa cumpren unha función esencial nunha cidade. Porén, na Coruña atopamos moitas rúas nas que as placas están colocadas só nalgúns recantos, Por iso, propoño a colocación de placas de rúa en tódolos recantos, para poder identificar ao momento onde se está, e facilitando tamén a orientación.

As placas de rúa tamén son un símbolo da cidade. Son características as de París, Venecia, Bilbao ou Compostela. Por iso, tamén propoño un deseño que sexa característico e único da Coruña.

Unha suxestión sería que as placas incluísen os números dos rueiros, coma sucede en Budapest, o que permite saber cara onde ir cunha ollada rápida. A frecha indicaría o sentido do tráfico da rúa.

As placas poderían incluír un código QR que leve a unha web onde se explique a historia do nome e de edificios ou feitos senlleiros da rúa, ou información práctica para residentes e visitantes.