A Porta Aberta

Volver

Orzamentos participativos

Propostas de todos os ámbitos (toda a cidade e todos os distritos)

Toda a cidade

Gran Bosque A Coruña ( por fases)

  3 comentarios  •  12/05/2019  •  pelines

Crear  o grande bosque da cidade no entorno do castro de elviña por fases para facilitar o seu nacemento.

Sería unha mellora da contorna do castro e convertiriase nun centro de visitas para a nosa cidade.

1.000.000 €
circuitos-agua-parques-infantiles-7.jpg
Distrito 4

Reforma do parque grande ( Tirolina ) de Novo Mesoiro

  2 comentarios  •  17/05/2019  •  viladacosta

Instalación de maior oferta de xogos e gincanas, coma poden ser muros de escalada, monticulos con tobogans, pasos de madeira, un areeiro, unha poza ou circuito de auga,... Material efímero coma o desarrollo da xuventude. Que se esparzan polo parque aproveitando o tamaño de este e que o mesmo tempo non impida a realización da romería ou outro acto-festa. Actualmente os xogos encontranse nun reducido espacio, concentrandose toda a actividade alí e deixando inútil o aproveitamento do parque. Así mesmo deberíase "humanizar" buscando o ocio non só de menores, se non do total dos veciños, ( Persoas de 0 a 100 anos) Bancos con mesas para charlar e comer, xadrez, ping pong, un sitio no que pais e avós non estemos de observadores se non de participantes e se convirta no lugar de encontro de toda a veciñanza.

175.000 €
Toda a cidade

Dotar de servizos mínimos as zonas ruráis da cidade

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  monicaeiris

O Foxo, Eirís de Arriba, Eirís de Abaixo, Curramontes, O Castaño, Pedralonga, Pedro Fernández, Palavea, Monte do Mero, Elviña, A Silva, A Moura, Marzán, Cances, A Fontaíña, Loureiro de Visla, San Cristovo, Penamoa, Martinete, As Revoltas...

Na cidade hai zonas ruráis habitadas, moitas paralizadas hai anos polos plans urbanísticos, nas que os sucesivos gobernos municipáis decidiron non invertir xa que, nalgún momento, as excavadoras se farían cargo de todo. 

Poñer en valor a Coruña máis rural é mellorar a calidade de vida das persoas que as habitamos, que temos os mesmos dereitos que o resto da cidade. 

Solicitamos que, como mínimo, se doten estas zonas de alguns bancos, se eliminen os puntos que carecen de alcantarillado, e se garantan puntos de luz no acceso ás vivendas. Alumeado en condicións, bancos, papeleiras, beirarrúas, alcantarillado,transporte público en condicións...

 

250.000 €
Distrito 9

Ampliación y reforma del rocódromo municipal de Riazor

  Sen comentarios  •  11/05/2019  •  rvc

Debido al auge en que se encuentra este deporte en la ciudad ,y la masificación que presenta este rocódromo en la actualidad , (única instalación de escalada con cuerda en La Coruña ciudad ).

 Se hace necesaria una ampliación y reforma de estas instalaciones (que tanto llevamos esperando y solicitando) .Para poder satisfacer la demanda actual y la posibilidad de que más gente pueda iniciarse en este deporte.

En este momento la pared de las instalaciones tiene margen de ampliación y posibilitaría que escalaran más de 6 personas a la vez.

 

130.000 €
BC.jpg
Distrito 3

Reforzo carril bici elviña

  1 comentario  •  06/05/2019  •  diego_sandado

A pesar de ser o primeiro tramo de carril bici con certa continuidaden non existe ningunha estación de bicicoruña no seu entorno.

Plantease a creación de tres estacións de bicicoruña:

-Esquina de Pablo Picasso con Alexander Von Humboldt (dando servicio ós diferentes centros educativos da contorna).

-Aparcamento disuasorio de Lonzas (fomentando a intermodalidade).

-Rua Mendaña de Neyra con Avenida da universidade (dando servizo ó CIFP Someso, ExpoCoruña, Coliseum, centro deportivo AQA...)

130.680 €
Zonas con necesidade de puntos de luz
Distrito 3

Instalación de puntos de luz no lugar de Cances

  Sen comentarios  •  16/05/2019  •  beatrizgomez

No lugar de Cances existen zonas moi oscuras ou en penumbra que contribúen á inseguridade cidadá pola tendencia a presenza de comportamentos incívicos e delictivos. Para evitar este comportamentos e incrementar a seguridade cidadá pódense instalar puntos de luz con boa intensidade lumínica e empregando luces respetuosas ambientalmente. Concretamente, sería precisa iluminación entre a fonte e o número 45 do lugar de Cances (zona moi cuberta por eucaliptos e moi oscura), colocar un punto de luz pegado ao muro do número 28 e antes do número 11.

16.500 €
Solución cruces
Toda a cidade

Mellorar os cruces por onde vai o carril bici

  3 comentarios  •  21/05/2019  •  slamelov

Nos cruces por onde vai o carril bici, como o da Casa do Mar, a circulación das bicis é complexa e insegura, e pódese mellorar con propostas coma esta: https://vimeo.com/86721046 , que xa se aplican en varias cidades. Hai varios cruces semellantes na cidade que poderían usar este sistema, como o citado da casa do Mar ou o de Ramón y Cajal con Avda. de Oza, entroutros.

87.000 €
Distrito 5

Árbores na rúa Milán (Urbanización Valaire)

  Sen comentarios  •  25/04/2019  •  herculineo

Poñer arbores na rua Milán para facer a rua máis fermosa a vez que creamos sombras para aparcar os coches debaixo. Creo que hai espacio para poñer unha ducia deles. 

200.000 €
Distrito 6

Elevar Paso de Peatones de acceso al Centro de Salud del Castrillón

  1 comentario  •  20/05/2019  •  dverdini

La A. VV. Castrillón-Urbanización Soto "IAR" propone elevar el Paso de Peatones existente en la Calle Salcedo Molinuevo de acceso al Centro de Salud del Castrillón. La notable pendiente de la calle facilita una velocidad excesiva de los vehículos que bajan por dicha calle suponiendo un auténtico riesgo para los usuarios del Centro de Salud del Castrillón los que, en muchos casos, pueden presentar una movilidad reducida.

21.000 €
Proximidades do centro cívico de Feáns
Distrito 4

Área recreativa nos arredores do centro cívico de Feáns

  Sen comentarios  •  14/05/2019  •  america2

Os veciños e veciñas de Feáns tras reunión específica decidiron elevar esta proposta como unha proposta de interese xeral. Neste sentido, destácase que esta zona carece de áreas recreativas, fontes de auga potable e bancos para sentarse as persoas maiores. Así, unha área recreativa nas proximidades do centro cívico de Feáns axudaría a crear comunidade e aumentar o benestar dos veciños e veciñas de todas as idades.

Por outra parte, sería unha proposta de interese para todo o distrito, xa que está prevista a senda fluvial ao largo do río Monelos polo que se podería enlazar con esta zona.

20.000 €