A Porta Aberta

Volver

Orzamentos participativos

Propostas de todos os ámbitos (toda a cidade e todos os distritos)

Hai 2 propostas de investimento clasificadas como 'sinalización viaria' en todos os ámbitos

Exemplo de paso ciclista en Calle Chile (Vitoria-Gasteiz)
Toda a cidade

Mellora da sinalización dos pasos ciclistas

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  monchovazquez

En ocasións, os pasos ciclistas (cruces entre carril-bici e carril xenérico) presentan unha sinalización que non se diferencia suficientemente na calzada, o que provoca que as condutoras doutros tipo de vehículos non respecten a preferencia da bicicleta neste tipo de intersección. Proponse que, onde haxa pasos ciclistas, estes sexan sinalizados mediante cor identificativa ou cuadrícula amarela, para que o resto de usuarias da vía concedan a preferencia á bicicleta. Á parte, algúns pasos ciclistas son adxacentes ao paso de peóns, situación na que ás veces os vehículos motorizados ao conceder preferencia ao peón, quedan invadindo o paso ciclista, impedindo o tránsito das bicicletas.

Algúns exemplos: carril-bici de Pablo Picasso con Xeral Rubín, Avda de Salvador de Madariaga coa rúa Federico García Lorca e similares, Avenida de Linares Rivas con rúa Menéndez y Pelayo.

250.000 €
Distrito 3

Instalación de sinais viarias no lugar de Cances

  Sen comentarios  •  10/05/2019  •  beatrizgomez

No cruce entre A Silva e a Rúa Alcalde Jaime Hervada atópase un cruce de gran perigosidade pola alta velocidade dos vehículos que pasan por esta rúa. Para regular o tránsito e tratar de que os vehículos reduzan a velocidade, proponse a instalación de badéns e/ou de sinais viarias antes de paso de peóns que se atopa próximo ao cruce.

90.000 €