A Porta Aberta

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 9

Distrito 9

Humanización do barrio das Conchiñas

  Sen comentarios  •  27/04/2019  •  xap_39

Propoño que se invirta na reurbanización do barrio das Conchiñas e na súa humanización: mellorar o estado das beirarrúas, aumentalas de tamaño e mellora do asfaltado. 

Propoño tamén aumentar o espacio peonil ás rúas máis próximas á praza das Conchiñas, que incrementaría a área comercial e favorecería a dinamización do barrio. 

39 apoios
Distrito 9

Axardinar a cidade xardín

  Sen comentarios  •  06/05/2019  •  diego_sandado

Cidade xardin é un espacio con arquitecturas interesantisimas pero que perdeu a identiade que lle daba o seu nome. Propoño reurbanizar toda a contorna (incluidas a Avenida da Habana e o paseo de Ronda) aumentando beirarruas, adiantando os pasos de peons para darlle seguridade e elevandoos para evitar os excesos de velocidade, plantando novas e variadas árbores que den sombra, arbustos de menor porte e flores situadas en xardineiras, colocando pavimentos de celosía vexetal nas areas de aparcamento...

19 apoios
Carril bici con farolas
Distrito 9

Mellorar o carril bici desde Riazor ata o Millenium

  Sen comentarios  •  14/05/2019  •  slamelov

Chamar carril bici ao que hai desde o Praia Club ata o Millenium é demasiado xeneroso. A proposta é darlle continuidade ata o Millenium, ocupando a estrada (e non a beirarrúa), e así non ter que esquivar farolas no tramo que vai desde o Mum ata o Millenium e recuperar ese espazo para os peóns. Primeiro, darlle continuidade, pola estrada, desde o remate do carril bici diante do Praia Club ata onde volve haber carril bici diante da Ribeira do Cómaro, despois do Mum. Facer un novo carril bici desde ese punto ata o do Millenium, pero pola estrada, xa que nese punto hai dous carrís en cada sentido para un tráfico de vehículos que non precisan esa "autoestrada". Iso permitiría recuperar o espazo para peóns que actualmente ocupa o carril bici, que ademáis ten farolas e sinais polo medio, e axudaría a gañar espazo aos coches. Ademáis, daría unha continuidade ao carril que agora non ten.

33 apoios
Praza Salvador de Maadariaga
Distrito 9

RECUPERACIÓN PRAZA SALVADOR DE MADARIAGA

  Sen comentarios  •  25/04/2019  •  A. Martínez

Proponse unha intervención integral na praza, a fin de ampliar e mellorar a zona de xogos infantís (estudando a súa implantación na parte baixa da pista de skate ou nun dos extremos da praza), unha intervención no axardinamento (recuperando arbustos e vexetación desaparecida por falta de mantemento, podando árbores que impiden o correcto soleamento dos xardíns, e estudando a disposición actual da vexetación, froito dunha planificación inexistente), así como a reposición de pezas de mobiliario urbán.

23 apoios
Foto real e proposta
Distrito 9

Plantación árbores Ronda de Nelle

  Sen comentarios  •  20/05/2019  •  Juancasal

Esta proposta consiste na plantación de dúas árbores e a adecuacion das Beirarrúas para facelas accesibles na confluencia da Ronda de Nelle e as rúas Cancela de afora e Vista Alegre.

Con está actuación humanizaríase está zona e faríase accesible sen bordillos, ademáis de evitar que se aparquen coches (o cal actualmente está prohibido pero tal e como se pode ver na fotografía adxunta sempre hai algún)

59 apoios
Ejemplo composteros comunitarios
Distrito 9

Creación de varias zona de compostaje comunitario en el Distrito 9

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  gilbertoleon

En los hogares se genera gran cantidad de residuo orgánico que se acumula en los vertederos municipales. Con la creación de una zona de compostaje comunitaria en el barrio, podremos obtener compost orgánico cuyo destino será abonar los parques y jardines de la ciudad y suplir las necesidades de los huertos urbanos cedidos a los vecinos y vecinas de la comunidad. 

Cada zona tendrá varios composteros y un recipiente para estructurante. La zona estará acondicionada con carteles informativos que sensibilizarán a la población sobre el uso de los composteros. 

32 apoios
Galpón dos Mariñeiros
Distrito 9

Expropiación e demolición do galpón de Mariñeiros

  Sen comentarios  •  20/05/2019  •  A. Martínez

Expropiar a parcela do galpón e demolelo para rematar a esquina do parque dos Mariñeiros, respectando o ancho das beirarrúas e eliminando os carteis de publicidade.

 

 

30 apoios
Mapa de BiciCoruña, el punto rojo sería la ubicación
Distrito 9

Creación dunha estación de BiciCoruña no Parque dos Mariñeiros

  Sen comentarios  •  20/05/2019  •  brunorcd

Esta zona de la ciudad se encuentra actualmente sin una estación de BiciCoruña cerca, siendo la más cercana la de las Conchiñas o la Casa del Agua.

16 apoios
Zona de actuación
Distrito 9

Colocación de más bancos en Ronda de Outeiro nº268

  Sen comentarios  •  02/05/2019  •  Anónimo15010

En primavera las personas mayores del barrio gustan de sentarse en esta acera de la Ronda de Outeiro al sol pero cuentan con sólo dos bancos, siempre ves gente mayor al sol de pie esperando para sentarse.  

19 apoios
ISAAC_PERAL_BEIRARRUA.jpg
Distrito 9

ALUMEADO SENDA PEONIL ISAAC PERAL- PASTEUR

  1 comentario  •  16/05/2019  •  quiquerivas

Na rúa Isaac Peral, entre a praza Alfonso XIII e a rúa Pasteur, por trás do colexio Sagrada Familia, as árbores non deixan pasar a luz dás luminarias da calzada á zona peonil, pola noite non se vé nadiña, é un perigo transitar por alí, pasa moita xente que vai dende o parque Vioño e os Mallos hacia Avda Finisterra e viceversa, tamén xente que leva os cáns o parque Vioño, ademais hai alí un tanatorio. A miña proposta é instalar 4/5 farolas de xardín de 3m de altura con lámparas led de baixo consumo, que se poden conectar ás xa existentes 

12 apoios