A Porta Aberta

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 3

Distrito 3

Beirarrúas nos lugares da Silva, Cances e As Reixas

  Sen comentarios  •  10/05/2019  •  beatrizgomez

Os lugares da Silva, Cances e As Reixas non están o suficientemente humanizados, isto é, débense crear beirrarúas por aquelas zonas onde aínda non as haxa para facilitar a circulación peonil con seguridade. 

200.000 €
Distrito 3

Instalación de sinais viarias no lugar de Cances

  Sen comentarios  •  10/05/2019  •  beatrizgomez

No cruce entre A Silva e a Rúa Alcalde Jaime Hervada atópase un cruce de gran perigosidade pola alta velocidade dos vehículos que pasan por esta rúa. Para regular o tránsito e tratar de que os vehículos reduzan a velocidade, proponse a instalación de badéns e/ou de sinais viarias antes de paso de peóns que se atopa próximo ao cruce.

90.000 €
Zonas con necesidade de puntos de luz
Distrito 3

Instalación de puntos de luz no lugar de Cances

  Sen comentarios  •  16/05/2019  •  beatrizgomez

No lugar de Cances existen zonas moi oscuras ou en penumbra que contribúen á inseguridade cidadá pola tendencia a presenza de comportamentos incívicos e delictivos. Para evitar este comportamentos e incrementar a seguridade cidadá pódense instalar puntos de luz con boa intensidade lumínica e empregando luces respetuosas ambientalmente. Concretamente, sería precisa iluminación entre a fonte e o número 45 do lugar de Cances (zona moi cuberta por eucaliptos e moi oscura), colocar un punto de luz pegado ao muro do número 28 e antes do número 11.

16.500 €
Zona aproximada
Distrito 3

Asfaltado no lugar da Silva-Cances

  Sen comentarios  •  10/05/2019  •  beatrizgomez

O asfaltado nas zona dos lugares da Silva-Cances está en moi mal estado, xa que hai socabóns, o asfalto rompe a cotío e hai inundacións por sobreelevación da estrada. É preciso asfaltar a estrada no lugar da Silva dende o número 42 ata o número 100 para igualar o firme nas tomas de auga e alcantarillado, e conectar este lugar da Silva co lugar de Cances que aínda conta con asfalto moi antigo.

200.000 €
BC.jpg
Distrito 3

Reforzo carril bici elviña

  1 comentario  •  06/05/2019  •  diego_sandado

A pesar de ser o primeiro tramo de carril bici con certa continuidaden non existe ningunha estación de bicicoruña no seu entorno.

Plantease a creación de tres estacións de bicicoruña:

-Esquina de Pablo Picasso con Alexander Von Humboldt (dando servicio ós diferentes centros educativos da contorna).

-Aparcamento disuasorio de Lonzas (fomentando a intermodalidade).

-Rua Mendaña de Neyra con Avenida da universidade (dando servizo ó CIFP Someso, ExpoCoruña, Coliseum, centro deportivo AQA...)

130.680 €