Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 10

Propostas de investimento non viables: Distrito 10

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Arranxo do pavimento das rúas da cidade vella, con incorporación de gas e fibra

26/04/2019  •  mfechprr  •  Distrito 10

A Rua da Cortaduría en concreto, ten prometido o arranxo por catro gobernos municipais diferentes... 16 anos esperando  gas e a fibra.

Beirarrúas e humanización Rúa Washington

25/04/2019  •  e_tres  •  Distrito 10

As rúas do barrio de Montealto están bastante descoidadas en canto ó seu nivel de humanización. En concreto, a Rúa Washington conta cunhas beirarrúas excesivamente estreitas. Porén a estrada, adicada ós vehiculos, ten ancho abondo para coche e medio e máis unha ringleira para aparcar.

Propoño revisar a distribución da rúa compensando a proporción entre berirarrúa e estrada e anchear e humanizar as beirarúas. 

1442846818356_860_1000_U_2b3d71af85e0d5e4ab26d9475c84cb7.jpg

Conexión del barrio Dormideras con centros sanitarios mediante buses

16/05/2019  •  lsfernandez  •  Distrito 10

Se propone que el barrio de Dormideras sea conectado con el Centro de Salud del Ventorrillo y con el CHUAC mediante el bus. Para eso, se propone que las líneas 6 y 17 amplíen su recorrido mediante el trayecto entre calle Orillamar y el barrio de Dormideras, manteniendo el resto del recorrido actual.

Humanización e mellora da accesibilidade Paseo Marítimo/Adelaida Muro

13/05/2019  •  pfe  •  Distrito 10

Instalación dun ascensor na escalinata de Adelaida Muro e mellora do firme así como facer peonil a rampa do Matadeiro e correxir o desnivel para que sexa accesible por cadeiras de rodas. Existe outra proposta para a instalación de escaleiras mecánicas en Adelaida Muro pero esto non sería totalmente accesible polo que coido que sería un elevador/ascensor similar ao instalado no Barrio dos Castros ou na R. Ramón Cabanillas coa Av. de Arteixo. Ao mesmo tempo debería de completarse esta acción peatonalizando a Rampa do Matadeiro xa que as aceiras son moi estreitas e hai moito desnivel, o que imposibilita o seu uso por persoas maiores, con carriños de bebe,etc. Debería de intentar correxirse o desnivel facendo algún tipo de rampa similar á de enfrente do Colexio Labaca coa Igrexa dos Capuchinos.

 

Encher de vexetación Monte Alto

21/05/2019  •  mariarodriguez  •  Distrito 10

Colocar xardins verticais e macetas colgantes nas farolas, mástiles ou fachadas para non impedir o paso nas rúas mais extreitas e plantar mais árbores ou outro tipo de vexetación nas rúas que sexan axeitadas.

 Exemplo de mesas en Pontevedra

Tenis de Mesa na Praza de Indalecio Prieto

14/05/2019  •  slamelov  •  Distrito 10

A praza de Indalecio Prieto ten moito espazo baleiro co firme de cemento e asfalto. Non ten moito equipamento para o ocio, tan só unha canastra de basket e uns poucos columpios, moi poucos. Poñer un par de mesas de "ping-pong" coma a que está no parque de Eirís incrementaría as opcións para o lecer que ten a Praza, fomentaría o deporte e non requeriría moito espazo que poidera prexudicar a outras actividades. Ademáis o custo é moi baixo en relación aos beneficios.

Humanizar e facer sostible o acceso ó IES Adormideras

20/05/2019  •  mariarodriguez  •  Distrito 10

Poñer unha fonte para encher as cantimploras, e instalar unha estación de Bici-Coruña no Instituto.

mural_oasis.jpg

Embelecer a escalinata de Adelaida Muro respectando a súa monumentalidade

21/05/2019  •  mariarodriguez  •  Distrito 10

Substituir as barandas e calquera elemento non acorde cos materiais orixinais por outros elementos que se integren axeitadamente no conxunto, limpar, sanear e embelecer os muretes do último tramo da escalinata ase como o pasillo lateral no mesmo tramo e, tamén, limpar, manter e protexer os mosaicos, as pinturas e escultura dos murais feitos polo proxecto veciñal Oasis Monte Alto e colocar xardineiras, macetas colgantes das fachadas ou farolas ou xardíns verticais e mobiliario urbano para sentarse.

CREACIÓN DE PÁXINA WEB PARA OPTIMIZAR EQUIPAMENTOS E RECURSOS DO BARRIO

21/05/2019  •  fabian89  •  Distrito 10

Na zona de Monte Alto non dispoñemos de instalacións deportivas de uso público para todas as mozas e mozos, polo que pensamos que o concello podía crear una páxina web na que apareceran as instalacións que existen na zona (dos coles, dos centros cívicos, etc) e que se poidesen reservar en grupo ou individualmente para optimizar o seu uso. Pensamos que sería unha utilización ideal de recursos xa dispoñibles sen moito gasto.

HUMANIZANDO LAS CALLES

25/04/2019  •  angeles.varela  •  Distrito 10

Quizás por la época en que empezó el auge en la construcción de viviendas en el barrio (años50-60) y primaba la construcción de los  pisos a la conservación de zonas verdes, muchas de nuestras calles se ven privadas de algo que nos ayude a reconciliarnos (disfrutar) con la naturaleza en espacios urbanos, por lo que mi deseo sería que en las calle Cervantes, Monte Alto, (ejemplos solo de las muchas de la zona) incluso en la Avenida de Hércules se plantasen árboles o similar.

Y  voy a volver a insistir en el estado lamentable de las aceras de algunas de esas calles metidas entre medias de las principales, se han hecho medio arreglos,pero solo parches, pido dignidad para mi barrio y sobretodo para sus habitantes.