Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 9

Propostas de investimento non viables: Distrito 9

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Anotación_2019-04-26_160504.jpg

Reurbanización do Paseo das Pontes e Paseo de Ronda

06/05/2019  •  brunorcd  •  Distrito 9

O Paseo das Pontes e Paseo de Ronda é unha zona pola que transitan moitos nenos e nenas a diario, xa que conecta varios colexios con numerosos barrios moi poboados como é o Agra do Orzán, ademáis de ter unha enorme superficie de herba na que xogan moitos destes nenos.  Actualmente, en todo o ser percorrido, o Paseo das Pontes e o Paseo de Ronda teñen dous carrís de circulación por sentido, ademáis dunha fila de aparcamento. Pero, destes dous carrís, sempre un está ocupado pola dobre fila, sen producirse atasco ningún xa que o tránsito de vehículos é bastante reducido. Proponse a eliminación dun carril de circulación por sentido, ampliando desta maneira as beirarrúas e coa opción de incluir un carril bici, unidireccional ou bidireccional.

Resultado_final_antes_y_después.JPG

Parque Forestal en la zona del Milenium

18/05/2019  •  martin_mc  •  Distrito 9

Creación de un Parque Forestal en los terrenos que hay frente al Milenium.

Actualmente la zona carece de arbolado y tampoco hay presencia de vegetación en los terrenos que hay frente al monumento. Se propone acondicionar estos terrenos: plantando árboles y arbustos (las especies más resistentes estarán más cercanos al mar y protegerán de los vientos a otras más sensibles que se plantarían en el interior). Sería recomendable plantar, en la medida de lo posible, especies autóctonas puesto que estas no necesitarían prácticamente de ningún mantenimiento (pinos, castaños, robles, avellanos, acebos, abedules, acerolos, endrinos, sauces, fresnos, laureles, brezales, retamas o gestas...). También se realizarían caminos para que los ciudadanos pudiesen disfrutar de la naturaleza. Si fuese posible, sería interesante para la biodiversidad, crear un estanque en el interior del parque.

Screenshot_20190521-193917.png

Ruta do bus Universitario unindo a cidade escolar Riazor co Campus Elviña

21/05/2019  •  1dilloti  •  Distrito 9

Ampliar a ruta do bus universitario para que comece no campus da cidade escolar en Riazor e  pase polo paseo maritimo hacia a Praza de Pontevedra que é desde onde saía e prosiga coma antes cara o campus de Elviña.Serían 2 ou 3 paradas máis.Moita xente fai carreiras mixtas ou estudia conservatorio,vai a Uned,escola de idiomas,biblioteca....dinamizaría o barrio con xente nova e se aproveitaría mellor esa liña universitaria

30diasenbici_d24.jpg

Restauración do mural de Xaime Quessada na Praza de Torrente Ballester

21/05/2019  •  monfero  •  Distrito 9

Na Praza Torrente Ballester temos a sorte de disfrutar de varias obras do artista Xaime Quessada, se ben para moitas persoas pasan desapercibidas. Por que?.

Na praza hai un mural que se foi deteriorando co paso dos anos sen ningún tipo de mantemento. Foi perdendo cor e a pintura non se pode apreciar con claridade.

Por outro lado, tampouco hai cartelería visible que nos indique información sobre os autores e obras que están na praza e mesmo unha busca en internet non ofrece apenas resultados relacionados con estas obras.

Propoñemos unha posta en valor da obra artística da praza Torrente Ballester mellorando a información dispoñible e realizando as tarefas de restauración que sexan necesarias.

 

avdaGranCanaria.jpg

Humanización da Avda.de Gran Canaria establecendo unha zona 30km/h

20/05/2019  •  pepinha  •  Distrito 9

A avda de Gran Canaria canaliza boa parte do tráfico da cidade escolar, e esto fai que demasiadas veces se circule a 60 e 70 nunha zona cun gran tránsito de peóns. Ao longo do seu percorrido discorre entre puntos tan importantes para o barrio como a praza da Tolerancia, o Conservatorio de Música ou o Centro de Saúde e o Centro Cívico. Ademáis no seu tramo central, entre a rúa Educación e Archer Milton, concéntrase a maior área comercial da zona, con locais a ambos lados.

Penso que sería unha boa medida limitar a velocidade efectiva en toda esta rúa mediante maior sinalización e medidas disuasorias tales como pasos de peóns elevados ou badenes, xa que son bastante perigosos na actualidade. E incluso se fose necesario presencia policial ao principio para concienciar da necesidade de respetar unha velocidade segura de circulación.

ISAAC_PERAL_BEIRARRUA.jpg

ALUMEADO SENDA PEONIL ISAAC PERAL- PASTEUR

16/05/2019  •  quiquerivas  •  Distrito 9

Na rúa Isaac Peral, entre a praza Alfonso XIII e a rúa Pasteur, por trás do colexio Sagrada Familia, as árbores non deixan pasar a luz dás luminarias da calzada á zona peonil, pola noite non se vé nadiña, é un perigo transitar por alí, pasa moita xente que vai dende o parque Vioño e os Mallos hacia Avda Finisterra e viceversa, tamén xente que leva os cáns o parque Vioño, ademais hai alí un tanatorio. A miña proposta é instalar 4/5 farolas de xardín de 3m de altura con lámparas led de baixo consumo, que se poden conectar ás xa existentes 

Liaño Flores

HUMANIZACIÓN RÚA ALCALDE LIAÑO FLORES

25/04/2019  •  A. Martínez  •  Distrito 9

Esta rúa supón un corredor natural moi transitado entre o Agra do Orzán e o Ventorrillo. Os servizos públicos ubicados nesta rúa e nas súas inmediacións (Un colexio, un xardín de infancia, un instituto, un ximnasio e piscina públicos e o centro cívico Ágora) requiren dunha reordenación da mesma, a fin de facilitar o tránsito peonil(maior amplitude de beirarrúas), a seguridade (cruzamentos e zonas de saída de centros educativos), mellora da rede de saneamento e pluviais, así coma unha reordenación do tráfico (sección de carrís excesiva) e plantación de arborado.

avdaGranCanariaPeonil.jpg

Peonalización dun tramo da avenida Gran Canaria

20/05/2019  •  pleira  •  Distrito 9

Peonalizar o tramo da avenida Gran Canaria que vai dende o cruce coa rúa Venezuela ata o cruce coa rúa Archer Milton. Esta medida crearía un centro comercial aberto no barrio, ao estilo da rúa Barcelona pero en menor tamaño, facendo un entorno sen coches no barrio, onde a xente puidera pasear tranquilamente. Proponse esta zona en concreta por ser a de máis actividade comercial do barrio ao haber moitos locais a ambos lados. Faríase así unha zona onde os xente maior e os nenos e nenas se sentisen máis seguros, sen ter que preocuparse dos coches.  

O tráfico sería desviado por Archer Milton. Os garaxe seguirían sendo accesibles polos seus usuarios, así como habería un tempo para a carga e descarga, As prazas de aparcamento podería ser recuperadas no paseo marítimo, facendo que se reduza a velocidade á que van os coches na avenida de San Roque, acendo o carril bici maís seguro.

Mellorar xeral e investimento na Agra do Orzán

06/05/2019  •  Por el civismo siempre  •  Distrito 9

A zona da Agra do Orzán atópase nun estado lamentable que en ocasións fai recordar a un gueto, necesita atención urxente e constante pola parte do Concello, con esta proposta eu simplemente quero lembrar que existe e que pola súa demografía (densamente poboada, migración, persoas maiores, etc.) non poden esquecerse dela, orzamento para renovar, adecentar, limpar e mellorar a zona e que non vaia a peor, por favor.

 

IMG_20190425_125722.jpg

Cancha deportiva cubierta

25/04/2019  •  adriseijas13  •  Distrito 9

Ya hace muchos años que ésta zona se encuentra en esta situación, rodeada de vayas y sin ningún tipo de cuidado. 

Por eso propongo el acondicionamiento de éste suelo para la práctica deportiva, construyendo unas canchas cubiertas para fútbol y baloncesto.