Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

MELLORA MUSEALIZACIÓN AQUARIUM FINISTERRAE
1 comentario • 25/04/2019 •
Algúns dos módulos deste museo científico da cidade continúan invariables dende a súa inauguración e nun estado de deterioro evidente. Proponse a renovación de parte dos mesmos para a posta en valor do museo, nunha rede de museos municipais que supuxo un referente a nivel estatal.
NOVA BIBLIOTECA/CENTRO CÍVICO NO 15007
Sen comentarios • 21/05/2019 •
Adquisición da parcela entre as rúas Avenida de Arteixo e Pontedeume para a construcción dun novo edificio que albergue e agrupe os equipamentos do barrio.
Aforrando o alugueiro da Biblioteca da Sagrada Familia e ampliando e mellorando as instalacións existentes.
Novas fontes ornamentais
Sen comentarios • 21/05/2019 •
Faltan fontes ornamentais nesta cidade e por eso propoño crear máis fontes.
Unir Castros/Castrillón a través de Paso elevado e paseo ata Barrio das Flores
Sen comentarios • 20/05/2019 •
Unir os barrios do Castrillón e Os Castros cun paso elevado atravesando á Avenida da pasaxe nas inmediacións do oleoducto soterrado, continuando do mesmo xeito que se procedeu co carril bici e o paseo que ven dende o parque de San Diego e que continuaría polo barrio do Castrillón a través do bulevar Javier López López ata o Barrio das Flores. O trazado incluiría un paseo peatonal e senda ciclable para facilitar o acceso entre os barrios aos servicios de centro de saude, correos, praias, ect...

Estudo de viabilidade do sistema Cyclocable
Sen comentarios • 25/04/2019 •
O sistema Cyclocable (http://www.poma.net/es/soluciones/productos/cyclocable-3/) é o primeiro e único remontador para bicicletas do mundo, instalado en Trondheim, Noruega.
Xa que un dos inconvenientes que frecuentemente se plantexan na Coruña para o uso da bicicleta son as pendentes pronunciadas en rúas coma a Av. Fisterra ou a Rolda de Outeiro, propoño o estudo de viabilidade de instalación deste sistema no marco do carril bici que se está a desenvolver na actualidade.
Eliminar doble fila
Sen comentarios • 21/05/2019 •
Eliminar de una vez la doble fila. Esto ocasiona la mayoria de los atascos por no decir todos. Por el egoismo de aparcar en la puerta del bar muchos nos tenemos que aguantar atascos interminables
Soterrar todos os cables da cidade
Sen comentarios • 13/05/2019 •
Gustariame que se soterraran todos os cables que afean moito a cidade.
Crear un carril bici e carril bus na rolda de Outeiro
6 comentarios • 25/04/2019 •
Creación dun carril bici e un carril bus na rolda de Outeiro, esta rolda vertebra boa parte da cidade e non se atopa nada humanizada, creando un corredor máis rapido para o bus urbano / taxis e outro para os ciclistas, podese conseguir mover moita xente mediante medios de transporte alternativos. Este espazo pode tomarse das duas filas de aparcamento de ambos lados, o habitual nesta vía e que haxa dobres e triples filas, eliminando este aparcamento reducirase drasticamente o tráfico e mais persoas optarán por este mediios de transporte por ser mais rápidos e económicos. Por outra parte creo que debreía moita mais vexetación.
PEGATINAS INDICATIVAS EN CONTEDORES DE PAPEL E VIDRO
Sen comentarios • 21/05/2019 •
O obxetivo e dobre; Por unha banda numerar cada contedor para poder chamar o teléfono 010 cando o mismo se atope cheo e así evitar días de balde co material fora do mesmo hasta que se produza a recollida (non estaría mal recordar a gratuidade do 010 na pegatina). As veces existen dubidas sobre que rúa é, ou a que altura da rúa se atopa. Deste xeito con so dicir o número do mesmo se evitan erros.
Por outra banda recordar o material que se pode depositar ou non en cada contedor. O contedor de Vidro e exclusivo de Vidro, non podendo depositar nel nin Cristal, Porcelana ou Cerámica. No de Papel non se pode botar papel manchado, pañuelos etc...
Deste xeito entre todos axudariamos a ter unha cidade maís limpa e a reciclar mellor.

Creación o acondicionamiento de un local social para las personas sordas
Sen comentarios • 20/05/2019 •
Actualmente el Ayuntamiento de A Coruña no cuenta con un equipamiento adaptado para personas sordas residentes en la ciudad, y la asociación de personas sordas de Coruña (ASPESOR) no tiene capacidad económica para su creación y mantenimiento.
Lo que se propone es la construcción de un equipamiento social o la reforma o acondicionamiento de un espacio de propiedad municipal para ser usado por entidades y personas sordas de la ciudad. Este nuevo local debe cumplir con la ley de accesibilidad, y que permita la realización de actividades que beneficien a la comunidad de personas sordas de Coruña.