A Porta Aberta

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 10

Esta partida ten un orzamento de 200.000 €

Distrito 10

Crear unha residencia municipal para a terceira idade

  Sen comentarios  •  15/05/2019  •  rrcubero1937

Na zona do antiguo cuartel de infantería podería crearse unha residencia municipal para a terceira idade. É moi importante contar con residencias na cidade na que nos criamos, traballamos e nos relacionamos toda a nosa vida. Non queremos ser "obligados/as" a ter que marchar a outras residencias lonxe da nosa cidade. As persoas maiores tamén temos dereito a non ser separados do entorno e da xente que coñecemos.

Distrito 10

Retirada de beirarrúas e hibridación de rúas Cordelería e Orzán

  Sen comentarios  •  20/05/2019  •  tuchodefresa@gmail.com

As rúas Cordelería e Orzán, entre a súa confluencia (altura Gadis do Orzán) e a rúa Alta, son vías con moi pouco tráfico rodado e beirarrúas estreitas e con bolardos. Para os peóns non son rúas cómodas, pero, se cadra, non precisan a peonalización total. Proponse facer que as dúas rúas sexan de tránsito preferente para peóns, retirar as beirarrúas e os bolardos, limitar a velocidade do tráfico a 20 km/h, instalar un pavimento rugoso que obstaculice o tráfico rodado a maior velocidade, delimitar zonas de paso para os vehículos a motor e posibles carga e descarga. Instalar cámaras e controis de velocidade que permitan sancionar as infraccións de xeito automatizado.

Deste xeito, os peóns poderían disfrutar máis destas rúas sen que o escaso tráfico que circula por elas se vise afectado.

Escalinata_Adelaida_Muro_A_Coruna_133.png
Distrito 10

Escaleras mecánicas en la actual escalinata de Adelaida Muro desnivel 27,3%

  1 comentario  •  26/04/2019  •  LuisO

Proyecto para instalar escaleras mecánicas entre escalinata de Adelaida Muro y la calle Ángel Rebollo para hacer accesible al barrio desde la rampa del Matadero.

En la actualizad la edad media del barrio de Monte Alto es mayor a 50 años. Se propone una acción solidaria con nuestros mayores para mejorar la accesibilidad del barrio, a través de la ejecución de un proyecto ya estudiado, actuando sobre la escalinata de Adelaida Muro.

Se instalaría una serie de tres escaleras mecánicas que salven un total de 12 m de desnivel en una calle de 44 m (una pendiente media del 27,3%) que une las calles Adelaida Muro y Ángel Rebollo. 

Presupuesto: 527.000 €. Actuación de interés general para el barrio. ¡Todos seremos mayores alguna vez!

http://www.coruna.gal/documentos/descarga.jsp?540cc542-619e-4a80-96fb-acc22053533c

Distrito 10

Protección do patrimonio natural dos Xardíns de Méndez Núñez

  Sen comentarios  •  06/05/2019  •  carmela.6

Debemos rematar co ataque semanal as árbores centenarias dos Xardíns de Méndez Núnez. Propoño que se prohíba o botellón nos Cantóns e ofrecer unha zona alternativa na que se poida reunir a mocidade e na que haxa urinarios públicos.

Os Xardíns teñen un gran valor natural e é necesario protexelos para o disfrute de toda a cidadanía e dos visitantes da nosa cidade.

Distrito 10

Mejorar estado de las aceras en la calle Cordelería

  Sen comentarios  •  11/05/2019  •  aixa

Las aceras en algunas zonas están rotas, lo que dificulta la movilidad peatonal. Por ello es necesario que se arreglen.

Distrito 10

Cuesta del Matadero y los peatones

  Sen comentarios  •  07/05/2019  •  lorenaveira

Ensanchar la acera del lado de las viviendas y eliminar la mini-acera de enfrente.

SMART PALM
Distrito 10

SMART CARBALLO

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  fabian89

As mozas e mozos da Fundación Juan Soñador Coruña propoñen instalar pola cidade, empezando polo Parrote, dispositivos ecolóxicos auto sustentábeis que funcionan usando enerxía solar e permiten a recarga de dispositivos electrónicos, operan como punto de acceso wi-fi e punto de encontro e información cidadá, a modo das "Smart Palm" que existen en Dubai e que facilitarían o acceso da cidadanía ás novas tecnoloxías.

autoestrada.JPG
Distrito 10

Eliminar un carril no Paseo Marítimo

  Sen comentarios  •  14/05/2019  •  slamelov

No tramo que vai desde Abente y Lago ata Fonte dos Surfistas, eliminar un carril para coches, posto que é innecesario ter dobre carril para o tráfico que ten esa zona, e ademáis desincentivaría o seu uso e tamén o exceso de velocidade, que é frecuente. Actualmente o paseo é unha autoestrada urbana. O carril recuperado para as persoas permitiría ter novos espazos para camiñar, actividades deportivas, mobiliario urbano, plantas, árbores, etc.

 Exemplo de mesas en Pontevedra
Distrito 10

Tenis de Mesa na Praza de Indalecio Prieto

  Sen comentarios  •  14/05/2019  •  slamelov

A praza de Indalecio Prieto ten moito espazo baleiro co firme de cemento e asfalto. Non ten moito equipamento para o ocio, tan só unha canastra de basket e uns poucos columpios, moi poucos. Poñer un par de mesas de "ping-pong" coma a que está no parque de Eirís incrementaría as opcións para o lecer que ten a Praza, fomentaría o deporte e non requeriría moito espazo que poidera prexudicar a outras actividades. Ademáis o custo é moi baixo en relación aos beneficios.

Bailando en las plazas
Distrito 10

Creación dun espazo para actividades relacionadas co baile e a música swing.

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  1975sanire

Na nosa cidade somos cada vez máis as persoas que formamos parte do movemento swing, un baile nacido nos Estados Unidos nos anos 20. Pero o swing (lindy hop) é moito máis que un baile e un estilo de música, é unha actividade divertida, que promove a socialización, participativa e saudable, da que forman parte persoas de todas as idades. É por iso que propoñemos que se habilite un lugar onde poidamos realizar bailes sociais con regularidade, e onde tamén poidamos desfrutar da música en directo. Isto pódese facer habilitando un local ou no exterior, acondicionando unha zona cun solo que permita aos bailaríns moverse pola pista sen problemas (solo de tarima de madeira) . Este solo podería instalarse nunha das moitss prazas que temos na nosa cidade e sería un gran punto de encontro para todos aqueles que quixeran unirse as actividades.