Na Coruña Contas

Volver

Ampliación do acolchado do carril-bici para evitar colisións con portas

monchovazquez monchovazquez  •  21/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Exemplo de acolchado en Vitoria
Exemplo de acolchado en Vitoria

Código proposta de investimento: 2325

Co fin de evitar posibles colisións de bicicletas con portas de automóbiles, proponse a ampliación do acolchado que separa o carril-bici coa banda de aparcadoiro. Proponse que sexa nos seguintes puntos, a modo de exemplo: rolda de Outeiro, Ramón y Cajal e Perez Ardá

Proposta en nome de: Colectivo de emerxencia para a presentación de propostas ciclistas de última hora

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos