Na Coruña Contas

Volver

Creación dunha "Escola Multicultural de Teatro do Concello da Coruña"

3eni 3eni  •  21/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2286

Nunha xuntanza de usuarios de Ecos unha moza di que xa foi a 3 grupos de teatro, a actividades gratuitas pero cando xurde unha cuota, como cobra a RISGA, non lle da. Unha persoa en Exclusión Social que non pode facer unha actividade é unha persoa aillada. Nunha cidade participativa e integradora iso non pode ser.

Nunha cidade de cine coma Coruña, unha cidade de película, uns usuarios de Ecos Do Sur consideramos precisa a creación dunha escola pública e municipal no concello da Coruña, que sexa un lugar lúdico, de conciliación e encontro das persoas coas persoas. Nunha cidade na que ninguén é forasteiro hai unha gran afluencia de migrantes que teñen moito que compartir. Se algo define ao teatro é a súa multiculturalidade.

Queremos unha escola do Concello e para o concello e a súa cidadanía.

 

Para unha descripción máis completa no deixen de mirar o documento seguinte;

https://t.co/MiExbglOyf

Proposta en nome de: Grupo de usuarios e voluntarios da ONG; Ecos Do Sur

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos