Na Coruña Contas

Volver

Alcantarillado no Foxo, zona Maristas: 13 vivendas seguen sen el.

monicaeiris monicaeiris  •  21/05/2019  •  Distrito 6  • 

alcantarillado_O_Foxo.jpg
alcantarillado_O_Foxo.jpg

Código proposta de investimento: 2279

Ano 2019 e 13 vivendas  e unha empresa de transporte seguen sen alcantarillado. 

Na zona de O Foxo, Eirís. Pegadas ó Colexio Maristas. 

Non nos parece de recibo que sigan así. Levan anos reclamando. En 1992 púxose en Montemero e Eirís de Abaixo e de Arriba, pero non aquí. 

Xa que se instala a rede de alcantarillado no Parque Ofimático, deberan conectar tamén a estas vivendas. 

De non ser así, debería facerse cargo o concello dos gastos que para estas persoas supón o valeirado das fosas sépticas.

Proposta en nome de: Asociación Veciñal de Eirís

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos