Na Coruña Contas

Volver

CREACIÓN DE PÁXINA WEB PARA OPTIMIZAR EQUIPAMENTOS E RECURSOS DO BARRIO

fabian89 fabian89  •  21/05/2019  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 2274

Na zona de Monte Alto non dispoñemos de instalacións deportivas de uso público para todas as mozas e mozos, polo que pensamos que o concello podía crear una páxina web na que apareceran as instalacións que existen na zona (dos coles, dos centros cívicos, etc) e que se poidesen reservar en grupo ou individualmente para optimizar o seu uso. Pensamos que sería unha utilización ideal de recursos xa dispoñibles sen moito gasto.

Proposta en nome de: Fundación Juan Soñador

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • k4iser

    Vexo ben a creación dun portal web para o aluguer daquelas instalacións públicas que hay na cidade. Ahora non entendo que a proposta sexa solo para o barrio de Montealto, o lóxico sería facelo para toda a cidade. Principalmente,porque a unión fai a forza e se ha proposta faise nivel cidade e non solo para un barrio posiblemente teña máis apoio.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos