Na Coruña Contas

Volver

Asfaltado das pistas dende A Vedra, polo O Foxo, MonteMero e Pedralonga

monicaeiris monicaeiris  •  21/05/2019  •  Distrito 6  • 

Asfaltado das pistas dende A Vedra, polo O Foxo, MonteMero e Pedralonga
Asfaltado das pistas dende A Vedra, polo O Foxo, MonteMero e Pedralonga

Código proposta de investimento: 2265

Avda da Vedra, desvío a Maristas rodeando a muralla da Fábrica de Armas (sen alumeado). O Foxo, á esquerda, MonteMero, e baixada a Pedralonga. E a conexión co Parque Ofimático.

240 coches 2 veces ó día ó Colexio Maristas durante anos. Autobuses, camións de reparto, e o pavillón do colexio, que se aluga tardes, fins de semán e en vacacións. E a veciñanza. 

Pistas sen beirarúas son o único paso a pé , polo que é necesario despexar o arcén para que as persoas que van a pé non teñan que meterse nas silveiras cada vez que pasa un coche... ou 240!!

Fochancas nas fochancas, cruces cheos de pedras e area.

Necesitan un asfaltado en condicións. Instalar aliviadeiros para que a auga teña saída, como antes de que se asfaltase por primeira vez. Non ter que poñer planchas metálicas para que os coches non queden atascados, e zonas nas que hai que atravesar 2 palmos de auga. Son moitos anos xa de rebacheos!

Localización: https://www.google.es/maps/@43.3345672,-8.3946003,1350m/data=!3m1!1e3

Proposta en nome de: Asociación Veciñal de Eirís

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos