Na Coruña Contas

Volver

Restauración do mural de Xaime Quessada na Praza de Torrente Ballester

monfero monfero  •  21/05/2019  •  Distrito 9  • 

30diasenbici_d24.jpg
30diasenbici_d24.jpg

Código proposta de investimento: 2230

Na Praza Torrente Ballester temos a sorte de disfrutar de varias obras do artista Xaime Quessada, se ben para moitas persoas pasan desapercibidas. Por que?.

Na praza hai un mural que se foi deteriorando co paso dos anos sen ningún tipo de mantemento. Foi perdendo cor e a pintura non se pode apreciar con claridade.

Por outro lado, tampouco hai cartelería visible que nos indique información sobre os autores e obras que están na praza e mesmo unha busca en internet non ofrece apenas resultados relacionados con estas obras.

Propoñemos unha posta en valor da obra artística da praza Torrente Ballester mellorando a información dispoñible e realizando as tarefas de restauración que sexan necesarias.

 

Proposta en nome de: Asociación de Veciños Francisco Rodríguez Otero (Labañou, San Roque, Rosales, Cidade Escolar)

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos