Na Coruña Contas

Volver

Abaixo os muros da cidade escolar

monfero monfero  •  21/05/2019  •  Distrito 9  • 

abaixo_os_muros_da_cidade_escolar_p.jpg
abaixo_os_muros_da_cidade_escolar_p.jpg

Código proposta de investimento: 2224

No ano 2017 presentei esta proposta e foi clasificada como inviable debido a titularidade dos muros: a Universidade e a Xunta. O concello considerou que non é competencia municipal.

https://aportaaberta.coruna.es/budgets/1/investments/682

Volvo presentar a proposta porque considero que, a pesar de que non se trate dunha competencia municipal, é responsabilidade do Concello da Coruña, se a cidadanía así o esixe, iniciar un proceso de negociación coas outras administracións para derribar os muros da Cidade Escolar e abrir o espazo para o barrio.

Eliminar os muros e crear un espazo aberto, transitable, que abra ao barrio un novo espazo verde hoxe en desuso, que en lugar de separar barrios, os una... todo iso é responsabilidade do Concello.

Trátase dunha idea que compartimos moitas persoas do barrio e traballadoras nos centros da Cidade Escolar.

Abaixo os muros da Cidade Escolar!.

Informe de inviabilidade

A túa proposta é inviable pois as parcelas nas que están os muros están cedidas á Universidade da Coruña e á Xunta de Galicia, polo tanto non é competencia municipal


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos