Na Coruña Contas

Volver

Un domo para a praza da Tolerancia

monfero monfero  •  21/05/2019  •  Distrito 9  • 

proposta_Domo_praza_da_Tolerancia_y2.jpg
proposta_Domo_praza_da_Tolerancia_y2.jpg

Código proposta de investimento: 2220

A praza da Tolerancia é un dos puntos principais do barrio de Labañou, un lugar de encontro de todas as xeracións, desde os máis novos ata as persoas máis maiores. Sempre que o tempo o permite a praza está chea de vida mais, que pasa cando chove? A praza precisa un lugar cuberto, un espazo onde resgardarse en caso dun chaparrón ou onde organizar o xogo nunha tarde chuviosa. A miña proposta é un domo. Esta proposta presenta un "domo" ou "cúpula", situado no centro da praza, se ben a configuración puidera ser outra, sempre que ofrecese un espazo protexido da choiva.

Podes seguir a evolucion da proposta no blog:

https://domodatolerancia.home.blog

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos