Na Coruña Contas

Volver

Bolardos na entrada da Rúa Xirasoles

bfrr bfrr  •  20/05/2019  •  Distrito 7  • 

Entrada da Rúa Xirasoles por Camilo José Cela
Entrada da Rúa Xirasoles por Camilo José Cela

Código proposta de investimento: 2176

Na entrada da Rúa Xirasoles moitos coches aparcan de maneira irregular enriba dunhas "isletas" que hai na entrada da rúa. Ao aparcar aí provoca que cando se sae da rúa non se poden ver ben todos os coches que veñen por Camilo José Cela. Poñendo uns bolardos ou algunha cousa que limitase que se puidese aparcar aí axudaríase a evitar unha situación de risco, xa que ten pasado de haber moitos sustos por coches que non se ven vir ou incluso no pasado accidentes.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos