Na Coruña Contas

Volver

Mellora da cancha de chave Victor Fernandez Alonso (LEYMA)

chaveoscaladinos chaveoscaladinos  •  19/05/2019  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 2133

A nosa proposta é unha mellora na cancha de chave do club de chave os caladiños (detrás dos vestiarios).

A mellora consiste en facer un peche da cancha por seguridade, xa que hai moitos nenos xogando libremente, como nenos que son, e interfiren durante a nosa actividade e é moi perigoso. O único que pedimos é que se poña unha varanda ou algún tipo de barreira que evite que os nenos entren sen mirar. Tamén sería de moita utilidade que melloredes as condicións do teito. O que propoñemos é pór un teito que impida que nos mollemos cando xoguemos, como fixéchedes nas outras, xa que somos os únicos da Coruña que non tivemos ningún tipo de mellora en anos, malia a nosa insistencia. Podedes vir a vela cando queirades, xa tedes o noso número.

 

Localización: Cancha de detrás dos vestiarios

Proposta en nome de: Club de Chave Os Caladiños

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos