Na Coruña Contas

Volver

Construír unha nova Escola Infantil Municipal no Distrito 4

rosa_coruna rosa_coruna  •  17/05/2019  •  Distrito 4  • 

Código proposta de investimento: 2118

A miña proposta é construír unha nova Escola Infantil Municipal no Distrito 4 porque penso que este distrito está mais necesitado deste tipo de servizo por ter un incremento da poboación xoven. Así, pais e nais que intentan acceder ao mercado laboral, poderían optar a unha conciliación da vida laboral coa vida persoal e familiar. Sería importante que nas instalacións se inclúa unha cociña na que podan traballar profesionais que elaboren menús saudábeis para os pequenos e pequenas; e que a xestión e supervisión sexa Municipal.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos