Na Coruña Contas

Volver

Ampliación de beirarrúas na Rúa BOAVISTA (OS CASTROS)

luciatorrecilla luciatorrecilla  •  17/05/2019  •  Distrito 8  • 

Rúa Boavista
Rúa Boavista

Código proposta de investimento: 2111

Na rúa Boavista (Os Castros), existen unhas beirarrúas tan estreitas que non poden pasar dúas persoas á vez. 

Nin falar de pasar cun carriño da compra ou de neno. A xente ten que baixar á estrada, o que é moi perigoso, sobretodo para os nenos e a xente maior con pouca mobilidade.

A  rúa é de dirección única e nun dos lados ten prazas de aparcamento.

Propoño eliminar os aparcamentos e ampliar as beirarrúas de ambas marxes.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos