Na Coruña Contas

Volver

Desenvolvementos tecnolóxicos do concello con licenza libre

Pablo Castro Pablo Castro  •  17/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2105

Sería importante que tódolos desenvolvementos tecnolóxicos que o concello realice, quede recollido nos pregos de licitación que o seu código fonte é obrigatorio publicalo como software libre seguindo a lóxica de Diñeiro Público, Código Público e permitindo que calquera o poida reusar ou colaborar para melloralo así como dando maior transparencia sobre o que fan as aplicacións aos cidadáns.

Do mesmo xeito, a compra de tecnoloxía por parte do concello debese garantir tamén nos pregos que toda a tecnoloxía hardware adquirida funciona correctamente con software libre (por exemplo co sistema operativo GNU/Linux) e que as novas aplicacións software adquiridas ou implantadas no concello son software libre.

Máis información: https://publiccode.eu/es/

Proposta en nome de: GPUL

Informe de inviabilidade

A túa proposta é inviable posto que non implica a realización dun gasto de investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos