Na Coruña Contas

Volver

Publicación como Software Libre da app móbil da Millenium

Pablo Castro Pablo Castro  •  17/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2103

Durante o último ano rematóuse e atópase en probas a nova app móbil para a xestión da tarxeta Millenium, unha app que vai a ser moi útil é que podería ter un maior número de servizos polo que sería interesante que o código de dita aplicación sexa publicado e que os futuros desenvolvementos se fagan de forma aberta de xeito que a comunidade tecnolóxica ou mesmo outras cidades que queiran implantar unha tecnoloxía similar, poidan tamén colaborar engadindo novas funcionalidades reaproveitando por exemplo, as fontes de datos abertos que ten o concello.

Proposta en nome de: GPUL

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero é inviable dentro deste programa pois publicar en aberto unha aplicación non supón un gasto de investimento. Sería investimento a creación dunha aplicación, pero non a publicación dunha xa existente.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos