Na Coruña Contas

Volver

Habilitar camiños na Praza Blanca Quiroga

lsfernandez lsfernandez  •  16/05/2019  •  Distrito 10  • 

Exemplo de Sendeiros que se propoñen
Exemplo de Sendeiros que se propoñen

Código proposta de investimento: 2090

No interior da Praza de Blanca Quiroga, as persoas usuarias da Farmacia, do Centro de Saúde, da praia de San Amaro e doutros espazos nestas inmediacións, cruzan por dita praza para acceder a estos espazos. Deste xeito, co continuo ir e vir de persoas, na actualidade poden apreciarse claramente unha serie de camiños espontáneos que en épocas de chuvias se volven intransitables.

Considérase que estes sendeiros que se orixinaron de xeito natural polo uso veciñal, son moi útiles pero proponse que se habiliten camiños con pedras ou losetas semellantes ás xa existentes na parte externa da praza.

Proposta en nome de: Asociación Veciñal de Adormideras

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos