Na Coruña Contas

Volver

Adquisición de equipamentos para dotar de internet aos locais veciñais

jrc jrc  •  16/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Conexión a internet
Conexión a internet

Código proposta de investimento: 2082

As asociacións veciñais da cidade da Coruña fan unha labor moi importante no que se refire á dinamización dos barrios e á participación veciñal. Neste sentido, a falta de equipamentos e materiais que permitan a conexión a internet obstaculiza a creación de actividades e servizos para o disfrute da veciñanza.

Por isto, proponse que o Concello compre material e equipamentos (módems usb, equipos informativos, wifi, etc.), que serían de propiedade municipal pero de uso veciñal, para que o poidan solicitar entidades e asociacións que o soliciten polo procedemento que estipule o Concello (dando preferencia a aquelas entidades que non dispoñen de acceso a internet).

Proposta en nome de: Asociación Veciñal de Adormideras

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos